jueves, 11 de mayo de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

Se hai un día do ano que esta sección do blog ten un sentido de seu é este venres, xa que nuns días estaremos celebrando o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano están adicadas á Carlos Casares.





Resultado de imagen de carlos casares



Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

Premendo neste link poderedes escoitar una fermosa e interesante reportaxe sobre o autor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario