NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 20 de marzo de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe recomendamos "Oscar e o león de Correos". O león de correos ten unha mirada feroz e moita fame, se cadra porque só come cartas. Polo menos, iso é o que pensa Oscar, un neno de seis anos que, cada vez que ten que enviar a correspondencia dos seus pais, trata de acalmar a suposta furia do animal botándolle caramelos... até que un bo día...







O segundo Recomendamos é para os máis maiores. É un cómic e leva por título -Os espíritos azuis-
Silvana viaxa a Sumatra acompañada do seu tío Hércules - un xornalista especializado en fenómenos paranormais- a reunirse co seu pai o famoso explorador Jorge Baena, para pasar as vacación.
Mais a viaxe comeza dun xeito accidentado e, ...



XA SABEDES ONDE ATOPAR ESTES LIBROS. VIDE CORRENDO!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario