NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 30 de marzo de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS

Hoxe imos coñecer a explicación da expresión “Salvarse polos pelos”

Esta frase que tod@s coñecemos, ven do eido mariñeiro. Determina que se evitou unha situación complicada por moi pouco ou alguén se librou dalgún dano no último momento. A súa  orixe é certamente curiosa.


En tempos pasados, para enrolarse nun navío non era necesrio saber nadar, fose cal fose o cargo. E, entre a tripulación, era habitual recomendar aos novatos que se afundían no auga deixarse crecer unha longa melena para que, en caso de caer pola borda, fosen máis visibles na oleaxe e tivesen máis posibilidades de ser rescatados. De feito, a longa cabeleira era o mellor asidero para sacar da auga a alguén que se estaba afogando, pois a roupa adoita desgarrarse e a pel húmida resulta esvaradiza. Por iso, até os que sabían nadar preferían ter o pelo ben longo.
E se non que llo digan a Johnny Deep na película - Piratas do Caribe.









Ningún comentario:

Publicar un comentario