un dos Antroidos máis atractivos de África é o de Guinea - Bissau?
Un dos seus proverbios di: " A vida son dous días e o antroido son tres".
Pódese saber cando empeza porque desde o océano entran na cidade sons vibrantes, acompañados de tambores e apitos (flautines de metal) misturados con berros de alegría. É a comparsa das Illas Bijagós, chegan en piraguas.
Uns días antes de comenzar a festa, as tabancos ( así se chaman as aldeas na lingua criolla da rexión) chegan á capital desde os lugares máis remotos do país.
Durante días organizan e ensaian a cirimonia que van a representar durante o desfile.
O máis fermoso dos seus disfraces son as máscaras. Están feitas con arcilla seca, papel de sacos de cemento e goma da froita da cabaza, logo as pintas con moitas cores.
Un dos protagonistas de cada tabanca ou aldea é o chamado "Gigantón", que recrea figuras míticas de contos locais ou animais da selva.
Aquí tedes dous vídeos, deste orixinal antroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario