Hoxe imos a coñecer un anaco dun libro moi fermoso. Titúlase ...
E o seu autor é...
Antonio García Teijeiro
... Nunha rúa desta vila que respira humidade vive Uli. Concretamente, no cuarto andar dun edificio novo. Vive co seu pai, que sempre está a ler no xornal diante da televisión como queréndose enchoupar das novas escritas no papel e mais das que atormentan os oídos dos sufridos televidente adubados con imaxes, moitas veces, impactantes.
E vive coa súa nai, unha muller seria, calada pero tenra, que trabajaba nunha droguería na vila ata que o dono dicidiu pechala.
O seu pai chámase Perfecto, aínda que isto non significa nada en especial. Perfecto leva once anos, máis ou menos, dicindo de Uli que aínda "cre nos peixes de cores". E Uli comeza a estar un pouco canso desta andrómena. "¿Peixes de cores? ¿Onde están os peixes de cores?, pensa para si. "¿A que lle chama meu pai peixes de cores?"
Os peixes de cores. Antonio García Teijeiro.
Podedes pasar pola biblioteca e pillalo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario