ESTE MES DE XUÑO CELÉBRASE A NOITE MAIS MÁXICA DO ANO? É A NOITE DE SAN
XOÁN.
Cunha historia desta noite meiga, despedimos por este curso, esta sección de Sabedes que...?
XOÁN.
Cunha historia desta noite meiga, despedimos por este curso, esta sección de Sabedes que...?
Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e a que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hai moitas que aparecen en todas elas. A estas forres de fermosos nomas, imos dedicar un pequeno espacio da nosa páxina.
As rosas son as primeiras:
Fento macho:
Tamén fieito, dentebrun, dentabrón... Cóntase deste fento que bota 'flores' a medianoite de San Xoán. Estas servirán para facer feitizos. No 'Ciprianillo' cóntase que pondo un lenzo baixo do fento a mañán estará cheo de demos pequenos.
É velenoso, actúa como paralizante muscular.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario