NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 7 de novembro de 2010

Os problemas do río

Un día,  hai xa tempo, unha nena foi pasear polo campo e atopouse cun río, e tentou de buscar unha ponte, pero escoitou unha voz :
_ Aquí abaixo!
 A nena deu un chimpo e preguntoulle:
_ Como é que estás falando se es un río?
_ É que eu son un río máxico, pero teño moitos problemas
_ e que problemas son eses_ volveulle preguntar a nena.
 O río contestoulle:
_ Un dos meus problemas é que todos os anos  paso polo mesmo proceso, estou tranquilo e comeza a facer calor e evapórome, logo arrefríome e caio dunha nube e ata me conxelo e non me podo mover. Que podo facer_ Pois só tes que esperar a que quente o Sol_ contestoulle anena.
_ Vale, intentarei facelo_asentiu o río.
_ E cal é o segundo problema?_ preguntoulle a nena outra vez.
_ Pois verás, alí adiante hai unha presa feita por castores, que non me deixa marchar de aquí_ respondeulle apenado o río.
_ Oh, pobre. Vou falar con eles_ consolouno a nena.
Cando chegou, os castores preguntáronlle:
_ Que fas aquí?
 Veño para preguntarvos se podedes abrir a presa_ pregoulle a nena.
_ Nós non  temos poder para facer iso, tes que pedirllo ao xefe.
 A nena dixo decidida:
_ Pois vou falar con el, onde está?
_Vive nesa casiña no medio do prado_ sinaláronlle os castores.
Cando chegou atopouse cunha londra á que lle pediu:
_ Ola!, por favor, podes abrir a presa?
_ Que fas aquí, ti pensas que vou estar abrindo e cerrando a presa todo o día_ berrou a londra enfadada.
 Pero a nena explicoulle:
_ Só cho pido unha vez , só unha.
_ Si, si, si, ti pídesmo unha  vez, logo virá outra persoa, e outra, e outra..._  contestoulle a londra.
_ Ademais poderías buscar outro traballo_razoou a nena.
_ Muller, si... vale, abrireina, e  que disfrutes moito._ aceptou a londra.
_ Si, si!_ contestou a nena.
 A londra abriu a presa e o río saíu correndo:
_ Adeus río, pásao ben!
 Desde entón o río divírtese máis, correndo sempre sen parar ata chegar ao mar.
Clara Canzobre Castelo, 6º A

7 comentarios:

  1. Moi ben Clara ! segue escribindo contos tan fermosos.
    Biquiños.
    Mari Carmen Vázquez

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias.

    Clara Canzobre Castelo 6ºA

    ResponderEliminar
  3. Que chulo! aunque ya lo haya oido en clase :) Ana Alvarez Fojon 6ºA

    ResponderEliminar
  4. Asi se fai! Moi ben Clara.

    Sabela García Blanco 6ºA

    ResponderEliminar
  5. Gracias otra vez.

    Clara Canzobre Castelo 6ºA

    ResponderEliminar
  6. Me encanta Clara,que original.Enhorabuena.




    Noelia Santos Lage 6 ºA

    ResponderEliminar