domingo, 27 de outubro de 2019

CONTOS CURTOS


Sen dúbida, esta semana, nada máis acaido que unhas escenas da película " El jovencito Frankenstein".










martes, 22 de outubro de 2019

SON DE PALABRA

Resultado de imaxes para imágenes para inspirar  metáforas


Hoxe imos coñecer outra figura literaria, a PERSONIFICACIÓN.
A personificación consiste en dar unha cualidade humana (rasgos, caracterísitcas, acenos...) a fenómenos maturais, animais ou a cousas.

Exemplos de personificación:

- O moucho sabio.

- As plantas do xardín están chorando.

- Os ventos enfurecidos.


Agora animádevos a crear unha personificación!!!

luns, 21 de outubro de 2019

RECOMENDAMOS

Que mellor que chegando as datas do Samaín, atoparnos con...

Escarlatina, a cociñeira defunta. A súa autora é Ledicia Costas.


Resultado de imaxes para ESCARLATINA LEDICIA COSTAS

martes, 15 de outubro de 2019

SON DE PALABRA


Resultado de imaxes para imágenes para inspirar  metáforas


Sabedes que é unha metáfora? 

Cando nomeamos un obxecto coa intención de referirnos a outro, co que comparte semellanzas estamos creando unha metáfora.

Aquí tedes algúns exemplos de metáforas:

Neste intre podo tocar o ceo coas mans.

Os teus cabelos son de ouro.

A T é o martelo do abecedario.

O avó é un pozo de sabedoría.

Os deberes de hoxe foron pan comido.

Todo pode ser obxecto de metáfora. Ollade ao voso arredor e animádevos a crear metáforas!!!

luns, 14 de outubro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe vos recomendamos dous libros. 

Un cómic. La patrulla Tucán.
Nuevo quere pertencer  á patruia Tucán, pero primeiro ten que conseguir o fundamental. Que será?

Resultado de imagen de la patrulla tucan

O segundo é un libro da autora Marilar Alexandre.

O chápiro verde

Pódese vivir sen soñar? O malvado devorador de Soños non vai poder seguir facendo falcatruadas porque...

Resultado de imagen de o chápiro verde