Sabedes que é unha metáfora?
Cando nomeamos un obxecto coa intención de referirnos a outro, co que comparte semellanzas estamos creando unha metáfora.
Aquí tedes algúns exemplos de metáforas:
Neste intre podo tocar o ceo coas mans.
Os teus cabelos son de ouro.
A T é o martelo do abecedario.
O avó é un pozo de sabedoría.
Os deberes de hoxe foron pan comido.
Todo pode ser obxecto de metáfora. Ollade ao voso arredor e animádevos a crear metáforas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario