xoves, 19 de novembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

O PINTOR SIMBOLISTA GUSTAV KLIMT







Gustav Klimt é un dos pintores máis coñecidos na actualidade. As súas pinturas foron reproducidas ata a saciedade e algunhas das súas obras alcanzaron grandes sumas nas últimas poxas de arte, o que axudou a encumbrar ao artista como un dos grandes xenios do século XX.
Gustav Klimt, era de orixe austriaco. Naceu en Braumgarten en 1862. unha cidade que se atopaba preto de Viena, no seo dunha familia humilde. O seu pai era gravador de ouro, aínda que o ambiente cultural na casa foi importante porque a súa nai quixo dedicarse ao canto, mais  nunca puido polas súas obrigacións.
A pesar de que os seus pais non podían darlles estudos, Klimt conseguiu unha bolsa para poder asistir á Escola de Artes e Oficios de Viena, onde pasou sete anos que lle serviron para formarse como pintor e decorador de interiores.

Existen múltiples influencias na obra de Gustav Klimt, considéraselle un pintor simbolista, aínda que podemos dicir que se atopa preto da pintura modernista.
É moi complicado expresar as características do modernismo en pintura. Estamos afeitos a falar de arquitectura modernista, ornamentos modernistas, mobles modernistas, pero é moi escaso o número de pintores modernistas. É máis fácil tentar expresar o movemento, a curva e a imitación de formas da natureza en arquitectura que en pintura.



Unha das novidades, por dicilo dalgunha maneira, que incorpora Klimt aos seus cadros, é a utilización de pan de ouro, que lle dá unha decoración especial ás súas obras, serán as realizadas a partir do ano 1900 algunhas das máis coñecidas do artista. Lembremos que o seu pai era gravador de ouro, polo tanto era un estilo que aprendera na súa propia casa e axudáballe a dar un colorido especial aos seus traballos xunto a elementos ornamentais de vivas cores.
A muller é unha das representacións máis importantes na súa obra, o corpo da muller, da que trata de extraer distintas facetas do seu carácter. Esa predilección que sentía pola muller  vese reflectido na súa obra.

Coñeceu o éxito en vida e iso permitiulle vivir de maneira desafogada debido á venda das súas obras e aos distintos encargos que recibiu durante a súa vida. Faleceu no ano 1918.

Iste é un dos seus crados mais famosos " O bico". É realmente fermoso.



Neste video poderedes escoitar algunhas curiosidades sobre este cadro.


E por último esta obra, na que tamén podemos percibir o gusto que tiña Klimt por pintar á muller.

Esta pintura foi primeiro unha ilustración nunha revista famosa da época. Como vedes na parte de arriba hai un texto, que di o seguinte:" Se non podes gustar a todos cos teus feitos e a túa arte, gusta entón a uns poucos. Non vale a pena gustar a moitos. Schiller". (Schiller é un filósofo alemán) e a Klimt gústaballe moito a filosofía.

martes, 17 de novembro de 2015

SABEDES QUE ...


OS LIBROS SON MOI FOTOXÉNICOS E DESARROLLAN MOITO A IMAXINACIÓN?

E senón mirade estas fotografías.




ESTE É O CARTEL DO SALÓN DO LIBRO DE PARIS DO ANO 2012.




CURIOSO XEITO DE APUNTAR OS PRÉSTAMOS DE LIBROS NA BIBLIOTECA DUN COLEXIO. IMPRIMINDO UN CÓDIGO DE BARRA NO BRAZO DOS ESTUDANTES.





ORIXINAL LIBRARIA AMBULANTE EN BUENOS AIRES ( ARXENTINA)





A MESMA LIBRARÍA, NUN LUGAR DIFERENTE DA CAPITAL ARXENTINA.






LIBRO CUN DISEÑO MOI ORIXINAL




ESTE É O EDIFICIO DUNHA BIBLIOTECA PÚBLICA. COMO VEDES É MOI ORIXINAL.




UN SILLÓN ONDE SENTARSE A LER UN BO LIBRO CON SÓ ESTIRAR O BRAZO E COLLELO.


COMO VEDES OS LIBROS NON SÓ DESARROLLAN A NOSA IMAXINACIÓN CANDO OS LEMOS, TAMÉN A DE CREADORES  E ARTISTAS DE MOITAS DISCIPLINAS.


SABEDES QUE A TRAVÉS DESTE BLOG PODEDES ENTRAR NO BLOG DOS MEGAQUINTOS QUE SON DE SEXTO A? É MOI INTERESANTE. ENTRADE.

luns, 16 de novembro de 2015

CANTO CONTO TES.

Hoxe martes, temos Conta contos na biblioteca. Carla e Lizanhe de 5ºA van a contarlles aos nenos e nenas de segundo,  o conto " A min non me comas".
Imos saber algo máis das nosas compañeiras:




Lizanhe, naceu o 16 de outubro do ano 2005, en Panama. De pequena a súa nai lle contaba moitos contos, mais os seus preferidos eran "A carapuchiña vermella" e "Os tres porquiños". Ademáis Lizanhe tiña dobre sesión de contos, pola noite e na sesta do mediodía.



Carla, naceu o 5 de setembro do ano 2005, en A Coruña. O conto que lembra con máis cariño de todos os que lle contaba a súa nai é un que titúlase "Epi e Blas". Carla lembra que ata que tivo cinco anos ese conto sempre estivo no seu cuarto.


Vémonos na biblioteca.

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES

Hoxe 16 de novembro, hai  noventa e tres anos que naceu un dos escritores mais importantes da literatura universal, José Saramago. Nado e Portugal, viviu unha parte importante da súa vida en Lanzarote. No ano 1998  concedéronlle o Premio Nobel de Literatura.
Entre as súas obras esta o conto infantil "A maior flor do mundo", na que un neno deixa a cidade para ir ata o fin do mundo e salvar unha flor que está a piques de morrer.
Aquí tedes a historia.

Disfrutádea, e moi fermosa.


domingo, 15 de novembro de 2015

CONTOS CORTOS

O Conto Corto deste luns titúlase "Wing it" (Improvisar). Ten un valor especial xa que gañou o premio Grand Prize Winner Animation no ano 2012, e está feito por estudantes.

Disfrutádeo!



mércores, 11 de novembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos coñecer unha expresión artística diferente a todas a que vimos ata agora. O Expresionismo  Abstracto.
Nace este movemento artístico despois da II Guerra Mundial, en Estados Unidos. Está considerado como o único movemento xenuinamente americano dentro das vangardas do século XX. Isto é así, porque se ata ese momento París era o centro da arte mundial, foi sustituida por Nova York ou Londres.

Unha das figuras máis representativas do expresionismo abstracto  é Jackson Pollock (1912-1956). El definiu o seu estilo como "Action Painting".
Este método, o Action Painting, lévase a cabo cunha técnica chamada "Dripping" (goteo en inglés), que consiste en deixar gotear a pintura. Dito así, semella moi sinxelo, pero non o é.

Aquí tedes algúns dos seus impresionantes cardos e tamén un video de animación, no que poderedes entender mellor o proceso creativo deste pintor.

Disfrutade!!!






martes, 10 de novembro de 2015

SABEDES QUE ...

O BANCO MÁIS FERMOSO DO MUNDO ESTÁ EN GALICIA?
 
Este banco, sobre os acantilados de Loiba, ten fama de ser o máis fermoso do mundo.
Podemos visítalo en calquera momento, só temos que achegarnos a Ortigueira (A Coruña). Sentarnos nel en silencio e contemplar as impresionantes vistas que van desde o Cabo Estaca de Bares ata Cabo Ortegal.
 
Hai algún tempo, alguén, escribiu ao seu carón: "The best bank in the world".
 
Esta fotografía foi  elixida entre as mellores fotografías nocturnas do ano polo proxecto TWAN. Un concurso de moito prestixio, que busca os ceos nocturnos máis fermosos do mundo.
 
 
 
 
 
 
O fotógrafo é Dani Caxete, tamén galego, nado en Viveiro.
Dani pasou moitas noites esperando para ter un ceo tan fermoso, limpo e cheo de estrelas como o que vedes na súa fotografía.
E que xa se sabe. Se queres conseguir algo tes que teimar, e case seguro o teu desexo cumprirase.
 
 
 

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES

Hoxe a nosa compañeira Mariam de 1º B, recoméndanos un clásico da literatura infantil universal:
"A carapuchiña vermella"

Moitas grazas Mariam!


luns, 9 de novembro de 2015

CANTO CONTO TES!.

Este martes 10 de novembro, a nosa compañeira Sabela de 6º B, contara na biblioteca na hora do recreo o conto " O carameliño sen cor e sen sabor".
Será para os nenos e nenas de primeiro A e B.
Animádevos!!!
Esta é a nosa  cuentista.
 
 
 
 
Sabela naceu na Coruña o 24 do 10 do ano 2004. Gústanlle os libros de aventura, misterio e banda deseñada.
 
De pequena o seu conto preferido era "A bruxa enderezadora". Sempre llo contaba a súa nai pola noite, cunha condición: Sabela tiña que ir para a cama senón viña a meiga e reñíalle moito.


domingo, 8 de novembro de 2015

CONTOS CORTOS

O Conto Corto desta semana titúlase "A shadow of blue" ( Unha sombra azúl). É unha fermosa historia sobre a importancia da imaxinación.
Disfrutádeo!