8 de Xuño de 2017 S. G. RIAL CARBALLO / LA VOZ María Canosa Blanco (Cee, 1978), escritora, enxeñeira de Camiños, articulista en La Voz de Galicia, levaba a pasada fin de semana unha das maiores alegrías e recoñecementos da súa longa carreira literaria, dende que con 8 anos xa conseguira o premio Facho: agora obtivo o premio Merlín, convocado por Xerais, na ca- tegoría de literatura infantil, pola obra Muriel. Un excelente broche a unha obra de 33 libros, dos que oito foron editados o ano pasa- do. Un deles, con súa nai, Concha Blanco, e o outro, con Jorge Mira. —Vostede xa fora finalista do Merlín. ¿Que significa ganar este premio? —É o cuarto ano consecutivo que era finalista polo que, como po- des imaxinar, era xa case unha afronta particular con el... Gaña- lo foi decatarme de que os concursos son concursos, que ás veces gañamos, e ás veces non, por múltiples circunstancias. Pero para min foi como quitar esa espiña de estar chamando á porta moito tempo a un lugar, e que sempre falta algo para que cha abran de todo. Por fin se abriu a porta. Claro, que isto fixo que me emocionara moito ao recibir a nova... Non puiden evitar que
María, o sábado, na Illa de San Simón, co premio. MANUEL G. VICENTE
— Gústame probar, que é un xeito de probarme a min mesma.
Cambiar é bo tamén porque me
axuda a deixar unha obra e co-
mezar outra nova, sen tantas in-
terferencias. Pero si é certo que
sempre volvo a escribir para a
cativada. Por múltiples razóns.
Primeiro, porque creo no importante que é a lectura nesa franxa da vida, porque son o futuro. Pero tamén porque me sinto cómoda non deixando de ser
de todo unha nena eu tamén. Soñar é fermoso, e eu non sei deixar de facelo.
—¿Que retos se marca agora? —Que o que escriba sexa de certa calidade, e que chegue aos co- razóns dos lectores. —¿E escribir en castelán? —Eu sinto, penso, falo... en galego. Desenvólvome nesa lingua porque é a miña, e creo que as historias que mellor se escriben son as que máis se senten, por iso eu escribo en galego. Pero estaría encantada de que me traducisen ao castelán, ao catalán, ao inglés... —¿A xente le, merca en galego? —Hai xente que le, pero non é suficiente. Dáme a impresión de que é un reduto moi pequeno... E eu sinto a necesidade de que os libros saian das aulas, que an- den polas rúas. Ás veces centrámonos só nas lecturas dos centros escolares, e iso debera entenderse só como un dos comezos posibles. —¿Volverá á enxeñería? — Eu nunca me fun. Sempre serei enxeñeira. O que pasa é que o horizonte laboral é complexo neste eido tamén. Agora non exerzo de enxeñeira, pero oxalá teña a oportunidade de volver facelo pronto. Non depende de min. —Vostede xa fora finalista do Merlín. ¿Que significa ganar este premio?
—Un premio especial.
— O Merlín é un recoñecemento importantísimo para os que es- cribimos literatura infantil en Galicia. Podería dicir que o máis im- portante. É por iso que me sinto afortunada. Non dubido de que outras obras que se presentaron o merecesen tamén. Desta vez, a sorte estivo do meu lado. Deste certame saíron obras que foron referentes na miña lectura, na miña vida e na Literatura Infantil e Xuvenil en xeral, é polo que tamén sinto unha enorme responsabilidade. Non só nesa obra, tamén no que escriba a partir de agora.
—De que trata «Muriel»?
— Naceu da necesidade de dar voz á sinxeleza e complexidade simultánea de espir os sentimen- tos, ao calado, en voz baixa. Do mesmo xeito que fala o amor, a ledicia e a tristura. Con Muriel destaco tamén a combinación de fraxilidade e fortaleza dos que es- tán tocados pola sensibilidade, os mesmos que se atreven a soñar e pintar un horizonte de cores. A amizade, e unha botella de lei- te une a todos os protagonistas, de diferentes xeracións e tamén entre humanos e animais. —¿Que xénero prefire?
— Gústame probar, que é un xeito de probarme a min mesma.
Cambiar é bo tamén porque me
axuda a deixar unha obra e co-
mezar outra nova, sen tantas in-
terferencias. Pero si é certo que
sempre volvo a escribir para a
cativada. Por múltiples razóns.
Primeiro, porque creo no importante que é a lectura nesa franxa da vida, porque son o futuro. Pero tamén porque me sinto cómoda non deixando de ser
de todo unha nena eu tamén. Soñar é fermoso, e eu non sei dei-
xar de facelo.
—¿Que retos se marca agora? —Que o que escriba sexa de cer-a calidade, e que chegue aos co- razóns dos lectores. —¿E escribir en castelán? —Eu sinto, penso, falo... en galego. Desenvólvome nesa lingua porque é a miña, e creo que as historias que mellor se escriben son as que máis se senten, por iso eu escribo en galego. Pero estaría encantada de que me traducisen ao castelán, ao catalán, ao inglés... —¿A xente le, merca en galego? —Hai xente que le, pero non é suficiente. Dáme a impresión de que é un reduto moi pequeno... E eu sinto a necesidade de que os libros saian das aulas, que anden polas rúas. Ás veces centrámonos só nas lecturas dos centros escolares, e iso debera entenderse só como un dos comezos posibles. |
venres, 17 de novembro de 2017
AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS
mércores, 15 de novembro de 2017
ESCOITA RADIOS DO MUNDO!
A quen lle gusta escoitar a radio? A ti? Pois estás de sorte porque che ofrecemos unha ferramenta moi útil: Radio Garden. Ata agora tiñamos o noso transistor para sintonizar radios locais e apps concretas para emisoras doutros lugares do planeta. Esta páxina, á que podes acceder premendo enriba, serve para navegar por estacións radiofónicas ao estilo Google Earth. Alucinante!
martes, 14 de novembro de 2017
HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA.
O RÍO ARCO DA VELLA

O río Caño Cristais é un verdadeiro arcoíris fluvial. Atópase no medio dos Chairos orientais de Colombia, rodeado dunha flora e unha fauna exuberantes e extremadamente diversa (estímase que a biodiversidade ornitolóxica é a maior do mundo)
Este río tamén se coñece como «O río que se escapou do Paraíso», pois máis que auga, o río parece arrastrar o arco da vella misturando as súas cores co fluir da auga.
O segredo das súas cores

Estas cores tan variadas prodúcense pola presenza dunha planta acuática chamada a Macarena Clavijera.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste fermoso e peculiar río.
Esperamos que vos guste!!!
luns, 13 de novembro de 2017
RECOMENDAMOS
Hoxe no noso RECOMENDAMOS ...
PIPI MEDIASLONGAS

No cabo da vila, alí onde as rúas se transforman en camiños e comezan os prados, hai unha casa con xardín e solaina. Nela vive unha nena que non ten máis compañía ca un cabalo e un macaco, o señor Nilsson. Chámanlle Pippi Mediaslongas.
XA SABEDES, SÓ TEDES QUE PASAR A COLLELO POLA BIBLIOTECA!!!
sábado, 11 de novembro de 2017
CONTOS CURTOS
LUTINS
Sempre da mellor resultado actuar con intelixencia, que deixarse levar pola maldade.
xoves, 9 de novembro de 2017
A CASTAÑA
Xa que estamos no Magosto...
Sabíades estas dúas curiosidades sobre as castañas?
Había un costume entre os pobos antigos, que facía uso das cascas das castañas e das follas da árbore para escurecer o cabelo louro. Críase tamén, que axudaba ao crecemento do pelo nos recen nados.
Segundo unha antiga superstición, as castañas servían para protexerse contra o mal de ollo. Na noite de defuntos, impedía que estes levasen a unha persoa mentres estaba a durmir.
Como vedes a castaña tamén ten as súas curiosidades.
mércores, 8 de novembro de 2017
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA
"Queremos permitir a artistas africanos que escriban a súa propia historia".
Con esta idea naceu o ZEITZ MOCAA (o Museo de Arte Contemporánea de África)
No continente africano tamén podemos atopar arte moderno, neste caso arquitectura, xa que o museo é unha peza de arte en si.
Foi diseñado polo arquitecto británico, Thomas Heatherwick a partir dun antigo silo no que se almacenaba o millo para a exportación.
Esta na Cidade do Cabo, en Sudáfrica.
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.
Seguro que algunha vez chamaron a vosa atención as fermosas cores e debuxos das teas africanas. Todo en África ten un significado e unha elaboración moi artesanal.
Aquí deixámosvos un vídeo no que poderedes ver a elaboración desas teas tan chamativas e diferentes.
martes, 7 de novembro de 2017
A HERCULINO GUSTOULLE O CONTO
Ola nenas e nenos:
Canto me gustou o conto de “Os sete cabritiños” que contaron as vosas compañeiras.
Ejem… eu andaba agachadiño pola biblioteca, pero deume moita vergoña saír a saudarvos, érades tantosssss!!! e eu son tan tímido!!! O meu nariz empeza a poñerse de cor vermella e a sentir calor nas orellas… non o poido evitar, tedes que perdoar.
Pero quero dar a noraboa ás rapazas que contaron o conto, gustoume moito, moito.
Aquí vos deixo unhas fotografías que saquei, espero que vos gusssssten.
Bicos herculinos, sempre co nariz.
Herculino.
HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA.
DEZ ÁRBORES QUE SE NEGARON A MORRER
Estas árbores que se negaron a morrer, demóstrannos que a natureza ademas de ser SABIA (famosa frase) é tamén perseverante. Antes de ser derrotada, ela será capaz de buscar todos os medios necesarios e axustarse a unha situación co fin de poder avanzar no seu obxectivo e continuar co ciclo da VIDA ata esgotar o último dos seus recursos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







