J.K. ROWLING
E pechamos esta semana dedicada ás mulleres con seudónimo, cunha autora moi querida e coñecida por todos e todas.
Aínda que escribe baixo o pseudónimo J. K. Rowling, o seu nome real é Joanne Rowling.
Antes de publicar a primeira novela de Harry Potter, a editorial Bloomsbury temeu que os lectores máis novos tivesen reticencia a comprar libros escritos por unha muller e pedíronlle que utilizase dúas iniciais e non o seu nome de pila. Como non tiña segundo nome, elixiu a letra K como a súa segunda inicial en honra á súa avoa paterna Kathleen.
Trátase doutro caso dunha muller que tivo que esconder a súa verdadeira identidade para poder ter éxito. Algo inxusto e que, entre todos e todas, debemos lograr que non siga acontecendo.
Mais, sempre teremos que estar agradecidas a todas as mulleres que, malia ter que escribir baixo seudónimo, non deixaron de contar historias. Agora, o tempo e o coñecemento, vai poñendo a cada unha delas no lugar que merecen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario