Cada semana iremos colgando un dos relatos gañadores do noso Concurso de relatos "Dame medo".
Moitas grazas a todas e todos os que participáchedes no concurso, foi moi difícil para o xurado a escolla. Pero o vindeiro ano contamos coa vosa sempre creativa e xenerosa participación.
Esta semana o de Óscar Domínguez Senín de 6ºB, co título...
PECHA AS PORTAS
Érase unha vez un home que traballaba de vixiante nocturno nun parque de boas. Chamábase Afalopio e tiña que estar nunha sala de vixiancia, dende as 12 ata as 6 da mañá. Ata que un día pasou algo...
Era un día calquera de traballo, foi á sala e púxose co teléfono a xogar e ver vídeos. Quedouse durmido ata que escoitou algo moi forte, mirou as cámaras e notou que faltaba o animatrónico. Mirou todas as cámaras e comprobou que o animatrónico estaba detrás del.
Saiu correndo e escondeuse no baño. De súpeto, escoitouse un ruído e revisou cada rincón, mais non atopou nada. Saiu pensando que o animatrónico xa non estaba, pero... apareceu outra vez por detrás del.
O home correu e agachouse na sala de vixiancia. Pechou e reforzou todo e logo, relaxouse. Pasou un tempo, e el xa case esquecera o acontecido, mais de súpeto un brazo...zas... o animatrónico colleu ao home polo pescozo e o ía comer, pero el foi rápido e sacou a escopeta e... PUM PUM PUM, disparoulle tres veces na cabeza, burlándose do animatrónico.
Sentouse na cadeira para descansar, pero... CRACK, ese foi o son do pescozo do home.
Á mañá seguinte, a policía estaba intentando averiguar que pasou, mais nunca o descubriron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario