Ola a todas e a todos, un curso máis empezamos a nosa andaina no blog da biblioteca, o Rakonto, este lugar común para toda a comunidade educativa. Así que xa sabedes, calquera cousa que vos apeteza incorporar ao blog, non tedes máis que dicilo.
Como é luns, seguimos a empezar con curtas de animación, pensamos que é un bo xeito de empezar a semana.
Velaí vai o primeiro deste curso!
Esta curtametraxe foi realizada polos alumnos e alumnas do Grado de Música da Universidade de Música e Artes de Tlaxcala, un estado situado no centro de México.
Unha fermosa mensaxe de como podemos a través da música e do disfrute das cousas boas e sencillas, como un baño na praia, conseguir que a rutina non nos leve á tristura. É cuestión de ter unha actitude positiva e saber gozar do que realmente nos emociona.
INNER WORKINGS
Ningún comentario:
Publicar un comentario