NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 11 de marzo de 2021

RAKONTO VERDE. FENÓMENAS DO RURAL.

Hoxe, no Rakonto Verde,  queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres do rural que son quen de manter, co seu traballo e a súa sabedoría, os produtos da terra de xeito natural. Isos tomates, leitugas, patacas... que teñen un sabor de verdade.

Cando imos a un supermercado os tomates non ulen, pero os tomates dos hortos teñen ese recendo a terra e sol que ven do coñecemento e o traballo nunha terra limpa produtos químicos.

Elas, como di o debuxante Yoseba MP, son as fenómenas do rural. Nos tempos difíciles foron quen de manter as despensas cheas de ricos alimentos e o que tamén é moi importante, manter o equilibrio para a natureza.




O debuxante Yoseba MP, que podedes atopar en Instagram, quixo facerlles unha merecida homenaxe, e aquí vos deixamos algunhas fotografías dos seus debuxos.

Tamen ao premer na palabra ENLACE, podedes ler unha entrevista que seguro será do voso interés.

Coñezamos as fenómenas do rural!














Ningún comentario:

Publicar un comentario