Hoxe, no Recomendamos, queremos lembrar que o 22 de xaneiro do ano 1981 morreu María Moliner.
Ela é a autora do famoso e importante Dicionario que leva o seu nome, e que seguro que víchedes na nosa biblioteca. Ela, sen ningún tipo de axuda agás a súa intelixencia e constancia, creo este marabilloso Dicionario do uso do español. Traballou nel durante quince anos, escribindo cada palabra en pequenas fichas.
A maxia do Dicionario de María Moliner é que quere levarnos da idea que temos na nosa mente a como expresala. E, se o colles para buscar o significado dunha palabra, non poderas soltalo das túas mans e irás na procura de máis e máis palabras, é interesante, divertido e moi útil por se queredes ser escritoras ou escritores.
Non podiamos deixar de lembra a María Moliner, a muller que amou as palabras para que nós poidamos expresar as nosas ideas, emocións e sentimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario