NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

venres, 27 de setembro de 2019

BENVIDA!!!





Ola a todas, empezamos un novo curso coa ilusión de compartir con vós lecturas, curtas, opinións, imaxes... todo o que vaia xurdindo polo camiño.

Este  curso é especial, o noso colexio esta de aniversario, cumpre 50 anos, e todas: alumnas, alumnos, mestras, mestres, AMPA, familias, persoal non docente... que empezou alá polo ano 1969 e todas as persoas que estamos agora, temos a ilusión e a ledicia de compartir xuntas este momento.

Por iso, este curso, o proxecto da biblioteca titúlase "Son de palabra". Este título parécenos moi acaido xa que nestes cincuenta anos sempre intentamos demostrar que somos xente de palabra, que intentamos cumprir aquelo que nos propoñemos e, sobre todo, gústanos moito como soan as palabras e empregalas para aprender, comunicarnos, solucionar conflictos...

Gustaríanos compartir con vos a biblioteca, sen dúbida, o lugar máis máxico do colexio. Este curso temos novidades moi interesantes e tamén esperamos as vosas propostas.

E para empezar como é costume, o noso primeiro Conto Curto.

Feliz e literario curso 2019-2020 para todxs!!!



Los fantásticos libro voladores del Sr. Morris Lessmore





Ningún comentario:

Publicar un comentario