NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 11 de febreiro de 2019

RECOMENDAMOS. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


I PREMIO XOGANDO CON ROSALÍA

ROSALÍA DE CASTRO




Resultado de imaxes para ROSALIA DE CASTRO


O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalia de Castro. E, por iso, no noso Recomendamos vos propoñemos ir coñecendo algúns dos seus poemas. Velaí tedes uns versos...


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.


Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

VOS PROPOÑEMOS UN XOGO!!!

Só tedes que pasar pola biblioteca a  partir do mércores 14, e deixar no buzón de Rosalía un folio coas respostas a estas preguntas. A compañeira ou compañeiro de EP; e no caso de EI, a aula; que mellor responda ás preguntas e que entregue, xunto con esa folla, un folio co poema completo escrito e un debuxo relacionado con el, acadara un premio que lle será entregado na biblioteca o venrés 22 de febreiro, Día de Rosalía.


- Sabedes onde están as Campanas de Bastabales?

- Que pensades que sentía Rosalía cando escribiu estes versos?

- Como vedes o poema non está completo. Agora tedes que completalo e facer un debuxo que teña relación con el.








Ningún comentario:

Publicar un comentario