A ARTE DO KINTSUGI
É unha practica xaponesa para reparar fracturas con resina de ouro. Ten un significado moi fermoso: ás veces, o que consideramos defectos, son as máis grandes virtudes.
Así, as roturas e reparacións forman parte da historia dun obxecto, e deben mostrarse en lugar de ocultarse. De xeito que, ao pór de manifesto a súa transformación, as cicatrices fano máis fermoso.
Isto tamén vale para cando temos cicatrices; todas e todos temos algunha. Esas marcas no noso corpo o que fan é contar unha historia da nosa vida e, ese momento que ao mellor non foi moi agradable para nós, transfórmase con tempo en algo que nos fai medrar como persoas fortes.
Seguro que tamén vos tedes algunha cicatriz con historia, non si'
Ningún comentario:
Publicar un comentario