NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 20 de febreiro de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA


SILVIA RODRIGUEZ PENA






Leva desde os 18 anos cos sprays. Con 28 xa é unha das veteranas da cidade de Vigo e desde hai unha semana tamén é a mellor grafitera galega.

Silvia Rodríguez Pena era a única muller que se presentaba na modalidade de grafiti do premio Galiza Crea e superando a uns trinta rivais fíxose con este galardón.

O caso de Silvia é un máis de mulleres en terreos que só pisaran homes. Fai dez anos empezou a traballar con sprays en Vigo cos seus amigos. Co paso do tempo, o seu talento foi recoñecido en varios certames galegos, ata o día de hoxe no que ademais de dicir que é a única galega que se dedicou en serio ao grafiti tamén é a mellor. Para facerse co primeiro premio Silvia estivo a traballar, do mesmo xeito que o resto de participantes, no seu muro unhas catro horas cuxo resultado foron unhas letras rosas espectaculares e limpas nas que se pode ler o seu nome de guerra e que lle fixeron merecedora do premio. E é que, como explica Silvia, aínda que a maioría das persoas fixámonos nos adornos e debuxos dos grafitis, o realmente importante son as letras. «Teño que recoñecer que os grandes escritores -así se chaman tamén os grafiteros- somos moi egocéntricos. Gústanos ir poñendo a nosa pegada, o noso nome, por todos lados, para subirnos un pouco o ego e entendo que iso pode chegar a molestar». Silvia recoñece que agora que xa se tomou en serio o tema do grafiti é partidaria nun 50% de alagar os muros da cidade coa súa firma, «así empezamos todos», pero agora aposta por intervencións «mellores e cousas máis curradas», cunha orientación máis artística. Normalmente xunto a amigos planifican un deseño para un muro e pásanse un día enteiro traballando nas letras, adornos, figuras e as súas cores.
Coñecida no mundo como Sax, Silvia ve o grafiti como un hobbie que lle permite expresarse con total liberdade e, por iso, aínda que tivo ocasións de vivir profesionalmente do seu talento preferiu deixalo unicamente para o seu tempo libre. Prefire a súa vida así, traballando nunha cadea de Citroën a diario como tantos outros vigueses e os fins de semanas reunirse cos seus amigos e pasalo ben cun par de sprays e «sen facer dano a ninguén».




Ningún comentario:

Publicar un comentario