NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 12 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANO NA NOSA BIBLIOTECA.

Queremos desde o noso blog da Biblioteca agradecer con cariño a xenerosidade de Salvador Corroto, dono de Atlántica Centro Arte, e de María, por agasallarnos cunha fermosa e interesante despedida para o noso proxecto “E ti, que pintas? África.
Encheu a nosa biblioteca de máscaras e esculturas de África. Con Salvador aprendimos o poder que poden ter os caracois de mar nunha máscara dun rei; o mismo poder que  poden ter para que Pablo Picasso crease o cubismo; que as moedas non parecen moedas; que as portas de madeira contan historias e moitas, moitas cousas máis.



O seu lugar de traballo, Atlántica Centro de Arte, é unha empresa que traballa coa cultura e a arte como ferramenta de desenvolvemento social. Entre as súas instalacións conta cunha galería de arte contemporánea no circuíto nacional, e un taller de desenvolvemento creativo.

E agora imos coñecer algo máis de Salvador.








Ten 43 anos. Gústalle navegar e tamén andar en bicicleta, aínda que practica menos deporte do que lle gustaría. Está casado e é pai dunha nena de 7 anos, Carla. Cáeselle a baba cando fala dela. Salva, ou Salvador, naceu en Madrid, pero aos 9 anos a familia instalouse na Coruña. Estudou no Obradoiro, Salesianos, Liceo... «Era un pouco cafre. Bo, pero vago», lembra. Matriculouse en Turismo no Centro Español de Novas Profesións, que entón estaba en Zalaeta. «Quería ser hostaleiro», apunta este coruñés que tiña na seu cuarto infantil cadros de Peteiro e Vázquez Cereijo. «Un dos meus primeiros recordos deste mundo da arte é cando o meu pai quixo comprar unha peza de Luís Seoane e foi ao banco para pedir un crédito», rememora. Pero ata retomar a tarefa do proxenitor cursou un máster de dirección hostaleira en Madrid e durante 5 anos viviu en Honduras liderando un proxecto de cooperación para desenvolver un hotel-escola que xurdiu por mor da traxedia do furacán Mitch. «Foi unha experiencia única. Polas mañás podías estar con políticos e empresarios importantes e polas tardes buscando rapaces polas maras e barrios marxinais».

Gústalle viaxar. Da Coruña queda coa plazuela das Bárbaras, «ou calquera punto desde o que se vexa o mar». Declárase comilón e o seu prato favorito é a robaliza ao sal. Di que a súa principal virtude é a honestidade e a sinceridade. «Cada vez córtome menos», comenta. E o seu defecto máis destacado é que «me apaixono demasiado coas cousas, e iso no mundo da arte pode ser un problema». «Se me toca a primitiva cómprome un Picasso», asegura riseiro. Cada vez parécese máis ao seu pai. «A arte non é para as elites. Comprar unha obra non está ao alcance de calquera, pero ler sobre Picasso ou ir a un museo é gratis», sentenza.


MOITÍSIMAS GRAZAS SALVADOR.

Aquí tedes o video da exposición:


Ningún comentario:

Publicar un comentario