NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 30 de setembro de 2015

BENVIDOS NENOS E NENAS UN CURSO MAIS AO NOSO BLOG DA BIBLIOTECA!!!

Este ano temos algunhas novidades, que esperamos sexan do voso agrado. 
Imos con elas:

Os luns: seguimos coa nosa entrada titulada "Contos Cortos"

Os martes: pasamos a este día as "Recomendación literarias", así se vos gusta o que vos recomendan, xa sabedes, pasades pola bibloteca no recreo e colledes ese libro prestado.
Os luns serán os días que gravaremos na biblioteca as vosas recomendacións.

Os mércores: seguimos coa nosa sección "Sabedes que ...? na que sempre atoparedes curiosidades literarias, artísticas, sobre o mundo animal, sobre o noso mundo, etc.

Os xoves: atoparedes información sobre o proxecto que faremos ao longo do curso todos xuntos: E ti, que pintas? 

Os venres: dedicarémolos á poesía. As poesías non teñen porque ser só de poetas coñecidos, tamén vós podedes escribir poemas, e con moito gusto os publicaremos nesta sección do blog.

Contamos coa vosa colaboración para que este blog sexa cada día mellor.

Temos todo un curso por díante para aprender disfrutando!!!


1 comentario:

  1. Joo yo quiero volver al cole!!! Salidos desde el instituto!! OS HECHO DE MENOS :(

    ResponderEliminar