miércoles, 17 de junio de 2015

CARTA AOS TUSITALAS

Queridos Tusitalas:

Quero darvos as grazas por todos os recreos de venres compartidos. Polas vosas achegas, sempre interesantes, polas vosas risas, mais sobre todo, por compartir o pracer da lectura.
Compartir un libro, é algo moi especial. Cando unha historia logra levarte a outro lugar, a imaxinar como seran eses personaxes; cando logras que non exista nada mais que unha estación de tren parisino, cando lle pos cara a Hugo Cabret ou paseas por un hospital cun corazón máxico ao que lle custa latir,,,,, nese momento xa estás atrapado pola maxía da lectura.
Agora xa sodes Tusitalas. Sodes, contadores de historias.

Ata sempre.

Beatriz.







No hay comentarios:

Publicar un comentario