NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 29 de abril de 2015

SABEDES QUE ...?

Existe o libro máis pequeno do mundo.
O 13 de marzo de 2013, a editorial xaponesa Toppan Printing publicou o libro máis pequeno do mundo. Apenas mide 0,75 milímetros, e titúlase "Flores das catro estacións".
É un compendio de ilustracións da flora do arquipélago, entre a que podemos encontrar as súas famosas cerdeiras.
O libro só pode lerse co uso dunha lente de aumento. Ten 22 páxinas, e xa está rexistrado no libro Guiness.
É 0,9 milímetros máis pequeno que o que ostentaba ata agora o primeiro posto, "O Camaleón" de Antón Chejov, publicado en Siberia no ano 1996.
Aquí o tedes, ao carón dunha agulla. Impresionante, non si?





Ningún comentario:

Publicar un comentario