NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 4 de xaneiro de 2012

Novo horario de préstamo

O vindeiro luns 9 de xaneiro de 2012 amplíase o horario de préstamo na nosa biblioteca.

    Ata agora os alumnos do 2º e 3º ciclo de Primaria podían acceder ao préstamo de forma autónoma  so durante recreo, e os nenos/as de Infantil e 1º ciclo de Primaria pódeno facer ao longo da mañá pero sempre coas súas titoras.

    Pois ben a estas modalidades de préstamo hai que engadirlle unha nova para os alumnos/as "maiores":

              - calquer alumno ou alumna do noso colexio do 2º e 3º ciclo de Primaria pode acudir tamén pola tarde, de 16:00h a 18:00h, co seu carnet e levar un libro emprestado para casa por un máximo de tempo de 15 días.

Aproveitando este novo espacio de tempo (de 4 a 6 da tarde) queremos facer unha invitación especialmente dirixida ás familias dos nosos alumnos e alumnas. Esperamos que vos pasedes pola biblioteca cos vosos fillos/as e así que podades coñecer todas as seccións coas que contamos, os libros aos que eles teñen acceso e tamén que lles orientedes nas súas eleccións.

Ademáis lembrade que se alguén perdeu o carnet, non ten máis que pasarse pola biblioteca e pedir unha copia.

                                                                                   Un saúdo

                                                                                   O Equipo da Biblioteca

1 comentario:

  1. É unha boa nova que ampliedes o horario do préstamo tamén pola tarde.
    Paréceme un bo acerto.
    Saúdos
    Mari Carmen

    ResponderEliminar