martes, 1 de febrero de 2011

PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA

O próximo martes, día 8 de febreiro de 2011, comenzará o préstamo de libros na nosa biblioteca.
Se vos estades preguntando como vai funcionar, intentaremos contestar a todas estas preguntas:
* Quen pode levar para casa libros prestados?
* Cando se poden coller os libros?
* Que se precisa ter para acceder ao préstamo?

O próximo luns, 7 de febreiro, os nenos/as de 6º de primaria serán os primeiros en recibir os carnets nas súas aulas da man das súas titoras e o día seguinte, martes 8 de febreiro, comenzará o préstamo para eles.

De luns a venres, os alumnos e alumnas de 6º que queiran poden acudir durante o recreo a biblioteca co seu carnet e elexir un libro e levalo para casa. A devolución de dito libro terase que facer tamén durante o recreo e cun prazo máximo de 15 días despois do préstamo.

Os alumnos e alumnas doutros cursos iranse sumando ao préstamo pouco a pouco. As datas exactas para os outros cursos comunicaranse máis adiante.
!Estade atentos!

4 comentarios:

  1. Si,seguro que va a estar muy bien.

    ResponderEliminar
  2. Yo lo que quiero saber es cuando se pueden coger este curso los libros.
    Patricia - 6ºA

    ResponderEliminar