Velaquí un vídeo que no que podedes aprender os pasos para facer stop - motion. Pode parecer complicado, porque todo esixe unha aprendizaxe, pero quen sabe se algún ou algunha de vós ten curiosidade e no futuro ser artistas desta disciplina artística tan fermosa e interesante.
luns, 11 de marzo de 2024
venres, 8 de marzo de 2024
SEMANA DE CURTAS DE STOP - MOTION. AS ORIXES.
xoves, 7 de marzo de 2024
8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
mércores, 6 de marzo de 2024
PELÍCULAS PARA UN 8M. EL VIAJE DE CHIHIRO
Non podía faltar , nesta pequena escolma, a película, El viaje de Chihiro, do gran Hayao Miyazaki, producida polo estudio Ghibli.
Chihiro, a protagonista, acepta o reto de salvar a vida do seu pai, a súa mai e a súa propia, ademáis de devolver a liberdade e a identidade a outros seres. Ela é unha heroína que habita o corpo dunha nena de doce anos. Chihiro, non precisa ser salvada, se non que se salva a si mesma e, ademais, axuda a liberarse das cadeas a outros seres queridos.
El viaje de Chihiro, fala de identidade, superación, liberdade, loita, amor e xustiza.
martes, 5 de marzo de 2024
PELÍCULAS PARA UN 8M. BRAVE
Mérida, a protagonista, desafía o esquema tradicional de princesas que precisan ser rescatadas por un príncipe, e ofrece unha nova perspectiva, resistíndose con afouteza fronte o patriarcado e a súa clase social.
luns, 4 de marzo de 2024
PELÍCULAS PARA O 8M. QUIERO SER COMO BECKHAM
Empezamos cunha película que no seu momento rompeu co estereotipo de que as rapazas non son boas xogando ao fútbol. Hai máis, pero como temos que escoller unha, eliximos: Quero ser como Beckham. Aínda que a película precisaría de máis referentes femininos, xa que é o 2002 e xa as mulleres levaban anos xogando ao fútbol, neste caso, Jess, a súa protagonista, que ten unha familia moi tradicional, e que quere que a súa filla ramate os estudos e logo case, só soña con ser futbolista. Sen que o saiban na súa casa, apúntase a un equipo de fútbol.
Jess, reflicte a impotancia de seguir os nosos soños e facer o que realmente queremos sen importar o noso xénero.
Aquí vos deixamos varias escenas da película, das que logo poderedes falar na aula.
domingo, 3 de marzo de 2024
xoves, 29 de febreiro de 2024
BANDA SONORA DE PELÍCULA
E, para rematar a semana, aquí vos deixamos a banda sonora dunha das mellores triloxías do cine, El señor de los anillos.
