Xa que estamos na primavera, imos facer desde este blog unha proposta. Primeiro teredes que escoitar en silencio e con moita atención, A primavera, de Vivaldi. Este músico compuso a peza, As catro estacións, unha para cada unha delas. Foi un compositor do barroco, ao que chamaban en Italia, Il prete rosso, é dicir, o cura roxo, xa que era crego e peliroxo.
Mentres a escoitades, teredes que escribir un haiku que teña relación coa primavera. Seguro que coa axuda de Vivaldi a inspiración será das boas!
Hoxe, xa estamos na semana do teatro, imos escoitar un conto narrado por un dos actores de teatro máis coñecidos e queridos polo público. O seu nome artístico é, El Brujo, e ides escoitar como narra un conto de Albert Espinosa, Todo saldrá bien.
O teatro é unha das expresións artísticas máis antigas, cos anos foi mudando na súa forma e espacios de representación, pero sempre mantivo a súa esencia, a de contar historias, non só para facer rir ou chorar, ás veces o teatro tamén é un acto de rebeldía ante o que acontece na sociedade.
Sabedes que cando os actores e actrices van estrear unha obra, desexamoslle sorte coa expresión: Moita merda!. Este dito ten a súa orixe desde tempos moi antigos. Cando diante do lugar onde se facía a representación, había moita merda de cabalo, iso quería dicir que a obra tivera moito éxito porque acudira moito público.
Tamén hai unha cor que non gusta nada no mundo teatral, o amarelo. Considérase que esta cor trae mala sorte porque o actor e dramaturgo francés, Moliere, durante a representación dunha das súas obras, El enfermo imaginario, vestido de amarelo, tivo un ataque e morreu. De aí que quedara esta superstición entre a xente do teatro.
Aquí vos deixamos un vídeo cunha pequena historia sobre os inicios do teatro.
Hoxe, contamos cun traballo ben fermoso dos alumnos e alumnas de 6ºB de Educación Infantil sobre as emocións. Eles e elas, xunto coa súa mestra Bea, fixeron o seu persoal libro no que nos describen como nos sentimos en cada momento.
Hoxe, no Día de Poesía, queremos lembrar a vida e obra dunha poeta que xa coñecedes, xa que lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2021, Xela Arias. Ela entendía a poesía como un acto revolucionario, a poesía para Xela tiña que saír ás rúas, e como non tamén compuxo para grupos de música.
Aquí tedes un vídeo para lembrar a súa vida e obra, na biblioteca que leva o seu nome, Biblioteca Xela Arias, na Chapela.
A súa orixe atopámola en Norteamérica, e servían de alimento cando se mesturaban con alubias e millo. Co tempo converteuse no símbolo deste país, que adoptou o xirasol como flor nacional. Ucrania é o maior páis produtor e exportador desta flor. Da que por certo comemos sempre as súas pipas!
Como curiosidade, contarvos, que cando medran deixan de xirar. Así que se pasades por un campo de xirasois e vedes algún nunha dirección diferente, pode que sexa o máis maior do grupo.