xoves, 22 de marzo de 2018

A BANDA DESEÑADA NO NOSO PROXECTO



MAFALDA



Resultado de imaxes para TIRAS COMICAS SOBRE LA IGUALDAD DE GENERO

DESDE A BIBLIOTECA VOS QUEREMOS DESEXAR FELIZ DESCANSO PARA TODXS!!!

TEATRO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes o vídeo da divertida representación que fixeron as alumnas de 6ºA e 6ºB do conto "Ricitos de oro".
Esta peculiar versión é do libro do escritor Roald Dahl, "Contos en verso para nenos perversos"

Moitas grazas a Ainhoa, Alejandra, Elena, Saray e Irene.

PARABÉNS ARTISTAS!!!

E VOS, GOZADE DO ESPECTÁCULO!!!




A DEBATE

Que mellor lugar para un debate que a nosa biblioteca!!!

@s alumn@s de 6ºA e 6ºB, debateron sobre un tema moi interesante, "Hai igualdade laboral entre hombres e mulleres?", dentro do noso proxecto "A Coruña. Unha cidade en feminino"
Foi moi interesante escoitar as súas conclusións, as preguntas do público, e sobretodo o ben que respectaron os seus turnos de palabra e como souberon escoitar as distintas opinións que xurdiron sobre o tema.

Moitos parabéns a tod@s!!!




A AXENTE RICIÑOS VISITOU A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe xiramos á esquerda e á dereita en bicicleta, puxemos un chaleco, collimos unha lupa, e xa sabemos que cunha capa temos superpoderes. Todo isto grazas a Iago López que coa súa fermosa voz e unha caixa máxica, levounos ao mellor dos países, o "País dos contos".
Moitas grazas Iago!!!

















XOGOS COOPERATIVOS CON TROMPOS, PEONZAS E PERINOLAS

Por un intre, a nosa biblioteca encheuse de trompos, peonzas e perinolas que fixeron xirar os nosos ollos a través das cores, dos movementos, das espirais que semellaban escapar para agocharse nas páxinas dos contos. Toda ista maxia temos que agradecerlla ao mestre Luis Miguel Ramas, que deixou en nós un sorriso e unhas ganas tolas de xogar coas peonzas.

Ficamos obrigados mestre!!!




























mércores, 21 de marzo de 2018

PARA PENSAR


QUE VOS PARECE SE IMOS DERRUBANDO ESTEREOTIPOS?



DÍA DA POESÍA.

Xa que hoxe tamén é o día da Poesía, que vos parece se imos coñecendo algúns versos da nosa autora das Letras Galegas, María Victoría Moreno.

Resultado de imaxes para tres gatos



No armario máis pequeno
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
   Dormen de día
   e polas noites traman
   mil ousadías.

Eu conto, ti cantas....
                                                  María Victoria Moreno.


Resultado de imaxes para un perro de seda
Resultado de imaxes para imagen con diez lagartos

martes, 20 de marzo de 2018

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN


#Auténticos


MULLERES QUE FAN HISTORIA



PAULA PAZ. SURFISTA


O pasado mércores falábamos dunha futbolista internacional, hoxe tócalle a unha surfista.

Paula Paz ( A Coruña,1995) compatibiliza os seus estudos de ADE coa súa paixón polas ondas. Ela foi campiona galega e clasificouse varios anos a nivel nacional. Agora prepárase para empezar a competir na categoría absoluta, aínda que o seu principal obxectivo é gozar: "se non o fas, ao final acabas aburrindote".
Á hora de buscar referentes, tamén busca en augas internacionais: "Bethany Hamilton, surfeira estadounidense que perdeu o brazo, é todo un exemplo de superación.
Na mesma escola que adestra Paula, A Vella Escola, aprendeu a facer surf Gabriela Ferna ( A Coruña,2000).
"O surf está cada vez máis de moda e cada vez hai máis xente na auga aprendendo. Aquí hai mozas que compiten, teñen moito nivel. Por exemplo Isa Gundin, que é a última campiona galega.
__Onde se collen as mellores ondas? Caión, Doniños ou Razo.

















.


domingo, 18 de marzo de 2018