luns, 8 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 Hoxe imos ver escenas do segundo e terceiro libro da saga de Harry Potter: Harry Potter e a Cámara dos segredos, e Harry Potter e o preso de Azkaban.

No primeiro describe o primeiro ano de Harry na Escola de Hogwarts. El e os seus amigos investigan un misterio  de hai  50 anos, que semella gardar relación cuns acontecementos moi siniestros na escola.

No terceiro libro, é o que acontece a Harry no terceiro curso na escola.. É o único libro no que Valdemort non participa directamente como personaxe. Harry debe lidar co coñecemento de que é o obxectivo de Sirius Black, o mellor amigo do seu pai e fuxido do cárcere máxico de Azcaban.


HARRY POTTER E A CÁMARA DOS SEGREDOS





HARRY POTTER E O PRESO DE AZKABAN







domingo, 7 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

O cine, ao longo da súa historia, fixo grandes adaptacións de historias sacadas dos libros. Case sempre, gústanos máis o libro, pero sen dúbida, tamén chegamos aos libros despois de ver adaptacións destes ao cine.
Xa que o día 23 deste mes é, como sabedes o Día do Libro, imos dedicar as entradas do Rakonto a coñecer algunhas das máis famosas adaptacións que fixo o cine en todos os xéneros literarios.
Algo que temos que ter en conta é que non todos as historias que están nos libros son acaídas para levar ao cine, e iso ten moito que ver con como está narrada a historia, algo que tamén iremos descubrindo nestas dúas semanas. 

Hoxe imos empezar cunha adaptación moi coñecída por todos e todas vós, xa que os seus libros foron lidos por moitísimas persoas en todo o mundo porque foi unha saga traducida a moitísimas linguas, estamos a falar dos libros de Harry Potter.

Harry Potter, é unha saga de sete novelas escritas pola autora británica, J. K. Rowlling. Como sabedes, os libros narran a historia dun mago adolescente, Harry Potter, e os seus amigos, Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Howarts de Maxia e Feiticería. A trama central dos libros é a loita entre Harry Potter e Lord Voldemort, un mago escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico, coñecido como Ministerio da Maxia, conquistar o mundo máxico, e someter aos magos e aos muggles, as persoas non máxicas.
Os sete libros da saga foron adapatados nunha versión cinematrográfica, composta por oito peliculas producidas por Warner  Bros Pictures, e que se convertiu no ano 2015 na segunda saga que máis público tivo da historia.

Velaquí dúas escenas de Harry Potter é a pedra filosofal. Aquí empeza todo, para que logo dígan que correos non funciona ben!!!








martes, 19 de marzo de 2024

UNHA SEMANA DE CINE E POESÍA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Velaquí  unha das escenas máis emotivas da película, cando o profesor é expulsado do colexio, pero os seus alumnos, cheos de cariño e agradecemento por todo o que aprenderan con el...

EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS



luns, 18 de marzo de 2024

UNHA SEMANA DE CINE E POESÍA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Como non podía ser doutro xeito, a película escollida é , El club de los poetas muertos, do director australiano Peter Weir.

Nun colexio, iso si, moi elitista, de Nova Inglaterra, un grupo de alumnos, descubrirá a poesía, eo significado do "carpe diem" (aproveita o momento) e a importancia de loitar por acadar os soños. Todo isto grazas a un mestre, o Sr. Keating, que é quen de espertar nas súas mentes a paixón pola poesía.

Velaquí unha escena da película que remata cuns fermosos versos do poeta americano Walt Whitman:

Que estás aqui, que existe la vida y la identidad. Que prosigue el poderoso drama, y que tú puedes contribuir con un verso.


Pensade nestas palabras... que quere dicir? E vós, podedes contribuir cun verso? Animádevos a mudar o mundo cun verso!




domingo, 17 de marzo de 2024

UNHA SEMANA DE CINE E POESÍA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Sen dúbida o cine é quen de representar moitas outras artes, e a poesía é unha delas. Como imos camiños do día da poesía, velaquí vos deixamos un vídeo moi divertido de Salva Soler, no que con títulos de películas, moitas delas as recoñeredes, fai un poema que recita no metro.



DE CINE. SALVA SOLER



xoves, 14 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION

 Pechamos esta semana de stop - motion, aínda que prometemos máis, cunha curta que nos gusta especialmente, Abril. A historia dunha nena que desmostra que da imaxinación podemos crear a profesión do noso futuro, e pode estar na creación artística.

Desfrutádeo! E boa fin de semana!




mércores, 13 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION

 I want it, é unha curta de animación independente realizada coa técnica de stop -motion, que conta a historia de como un neno da estepa patagónica encontra un cabalo, aparentamente abandonado, e quere quedar con el. Mais, sen decatarse que que o animal esta esperando o regreso do seu verdadeiro amo, polo que sente verdadeiro cariño. Xa sabedes que os animais son moi leais ás persoas que os coidan e acompañan.




martes, 12 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION

 El niño robot, esta curta de stop - motion trata sobre a importancia da imaxinación para superar as circunstancias máis adversas.

Como vedes, tamén con esta técnica, podemos tratar temas moi interesantes e motivadores!




luns, 11 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION. COMO FACER STOP MOTION?

 Velaquí un vídeo que no que podedes aprender os pasos para facer stop - motion. Pode parecer complicado, porque todo esixe unha aprendizaxe, pero quen sabe se algún ou algunha de vós ten curiosidade e no futuro ser artistas desta disciplina artística tan fermosa e interesante.