martes, 17 de novembro de 2020

SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

 Aquí tedes, por si vos presta, unhas actividades moi chulas para facer entre todas e todos na aula e así coñecer mellor os dereitos dos nenos e nenas.















luns, 16 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS. SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS.


Hoxe vos recomendamos que leades con atención a Declaración dos Dereitos da Infancia , que establece dez principios:

1. O dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.

2. O dereito a ter unha protección especial para o desenvolvemento físico, mental e social do neno e da nena.

3. O dereito a un nome e a unha nacionalidade desde o seu nacemento.

4. O dereito a unha alimentación, vivenda e atención médicos adecuados.

5. O dereito a unha educación e a un tratamento especial para aqueles nenos e nenas que sofren algunha discapacidade mental ou física.

6. O dereito á comprensión e ao amor dos pais e nais, e da sociedade.

7. O dereito a actividades recreativas e a unha educación gratuita.

8. O dereito para estar entre as primeiras persoas en recibir axuda en calquera circunstancia.

9. O dereito á protección contra calquera forma de abandono, crueldade e explotación.

10. O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.

A Declaración aprobouse o 20 de novembro de 1959, de maneira unánime, polos setenta e oito Estados que daquela formaban parte da ONU.

domingo, 15 de novembro de 2020

xoves, 12 de novembro de 2020

RAKONTO VERDE

 Os venres, iniciamos o Rakonto Verde, nel atoparedes imaxes, poemas, artigos, recomendacións de libros... que terán relación coa natureza.

Gustaríanos que participásedes enviando os que vos apeteza, sempre que teña relación coa natureza.

Estreamos esta entrada cun texto dun libro que nos gusta moito, velaí o tedes...



e o texto...

VITAMINA N

que flúe coma o zume,

que bate as ás coma paxaro,

que nada coma a balea,

que ouvea coma o lobo,

que se move coma a formiga,

que perdura coma a rocha,

que lostrega coma o raio,

que acaricia coma a brisa,

que molla coma a chuvia

que respira e camiña coma ti...




mércores, 11 de novembro de 2020

XEOGRAFÍAS LITERARIAS

Nesta nova entrada do noso blog, que nace da proposta do lema para este curso por Bibliotecas Escolares: Xeografías Lectoras, imos coñecer algunhas das autoras da nosa xeografía galega, e por iso lle puxemos o nome de " Xeografías biográficas".

Entre todas e todos iremos colocando, nun mapa de Galicia, a vila ou cidade na que naceron as autoras, pero antes teremos que investigar para ir creando ese mapa literario.

Empezaremos pola nosa provincia, A Coruña. Cada curso, ao longo deste trimestre teredes que buscar ou elixir dúas escritoras. Faredes o seu retrato, debaixo escribiredes o seu nome e o título dun dos seus libros. O faredes na computadora e, cando o teñades, só quedará envialo por correo electrónico. As vosas titoras e titores, daranvos no seu momento a dirección do mail.




 

martes, 10 de novembro de 2020

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

Benvidas e benvidos ao noso novo proxecto da biblioteca que, estamos seguras, será emocionante, interesante, escacharemos coa risa ou botaremos algunha bágoa, a saber!... pero o que si  é seguro e que viaxaremos coa emoción das palabras.

Este curso, os primeiros e segundos de EP, leredes o divertido libro de Eva Mejuto, Dez gatiñas viaxeiras, coas fermosas ilustracións de Victor Rivas, durante o primeiro trimestre. No segundo trimestre os quintos e os sextos leredes Vampira de biblioteca de Ledicia Costas, ilustrado tamén por Victor Rivas. Teremos nós algunha vampira na nosa biblioteca? Haberá que estar vixiantes! E, no terceiro trimestre, os terceiros e cuartos leredes Marta e a píntega de Elí Ríos, con ilustracións de Patricia Román; neste conto, coa súa protagonista, iremos percorrendo o mundo dos contos dun xeito moi especial. Uf! Que intriga!

Mais, como isto de ser lectoras e lectores, é tamén compartir as historias que lemos e coñecer ás persoas que estiveron durante horas escribindo e imaxinando para nós, "as autoras"; teceremos, como se fósemos arañas, unha tea tan grande de xenerosidade e ilusión que levaranos a compartir estas tres lecturas a todo o colexio.

Pero, falando das autoras: Que sabemos delas? Onde naceron? Cal é a súa sobremesa favorita? Teñen na súa casa gatiñas, píntegas ou vampiras? Cal é o seu libro favorito? Terán algunha cando se sentan a escribir? Que libros escribiron?... Para saber todos isto e moito máis teremos que investigar.

Que vos parece se facemos unha biografía de cada unha delas e, como somos moi artístas, lles facemos un retrato, pero non un deses que copiamos dunha fotografía buscada no Google, non, nos imos facer o noso " Retrato imaxinado da autora".

Faremos máis cousas divertidas, pero pouco a pouco, que é como mellor se goza do que facemos. E, este curso, o compartiremos todo no noso blog!

Empezamos, compañeiras e compañeiros de 1ºA, 1ºB, 2ºA e 2ºB! é o momento de empezar a ler o voso conto e saber que  farán esas gatiñas: Viaxar, si, pero seguro que algo máis tamén. Xa sabedes que as gatiñas son moi, moi travesas. 

Empeza a aventura!!!





luns, 9 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS


Hoxe, no Recomendamos, temos un libro que imos gozar moito no noso colexio, especialmente a rapazada das aulas de primeiro e segundo.

A súa autora, Eva Mejuto, é moi querida na nosa biblioteca. Os seus libros son dos nosos favoritos: Corre, corre cabaciña; A casa da mosca chosca... 



O libro é...



Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas precorrendo toda Galcia. Ata onde as levará a súa viaxe?

Pois esperamos con ilusión o que nos conten as compañeiras e compapañeiros das aulas de primeiro e segundo.



domingo, 8 de novembro de 2020

mércores, 4 de novembro de 2020

XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. UN PROXECTO DA BIBLIOTECA DO CEIP.RAQUEL CAMACHO

 

Seguimos a averiguar como facer unha biografía? Velaí o primeiro paso:

- Decidir a persoa sobre a que vas a escribir. Sabemos que ten que ser unha autora, pero temos que escoller unha.

Xa tes a túa?

domingo, 1 de novembro de 2020

Contos Curtos

 Este lugar de encontro que é o noso blog da Biblioteca, Rakonto, empeza a súa nova andaina este curso e, que mellor xeito de facelo que cunha das entradas máis antigas e que máis nos gusta.

Tachan! Tachan! A curta de animación de hoxe, titúlase...

CUERDAS

Nela veredes o importante que é axudarnos e que sempre hai alguén que precisa de nós, só temos que obsevar e ser sensibeis.