domingo, 19 de xaneiro de 2020

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos, animamos a que todas e todos escribades poesías ou Haikus e os deixedes non caixón da poesía que hai na biblioteca. Tedes até o venres 21 de febreiro. O día 24 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía de Castro, faremos entrega dun premio á mellor poesía.

Ánimo poetas. Este é o voso espacio!!!



CONTOS CURTOS

Pois aínda que hoxe 20 de xaneiro din que é o día máis triste do ano, nós, imos botar unha risas con conciencia e responsabilidade.


martes, 14 de xaneiro de 2020

SON DE PALABRA


Aquí tedes seis palabras que teñen moito que ver co noso planeta. Sabedes o seu significado e a importancia que teñen nas nosas vidas?

CLIMA
DESXEO
DESERTIZACIÓN
INUNDACIÓN
ECOSISTEMA
ENERXÍA RENOVABLE

luns, 13 de xaneiro de 2020

RECOMENDAMOS


Hoxe no recomendamos queremos que leades e pensedes neste poema de Antonio García Teijeiro, un dos noso poetas máis coñecidos e que ten máis poemarios escritos para a rapazada.

Voz sen verbas:
silencio.
Mar sen auga:
deserto.
Sol sen raios:
misterio.
Luz sen brillo:
coitelo.
Man sen man:
un berro.
Dor sen laios:
o tempo.
Eu sen ti:
inferno.

xoves, 9 de xaneiro de 2020

VENRES DE VIÑETA

                                                                          Viñeta de Luis Davila

mércores, 8 de xaneiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

           Cales son as vosas palabras para esta imaxe?

                                                                Autor: Bansky


martes, 7 de xaneiro de 2020

SON DE PALABRA

Desde o ano 2014 O Portal das Palabras, ao que podedes acceder desde o noso blog, elixe, xunto a Real Academia da Lingua Galega e a Fundación Barrié, cal é a palabra do ano. Esta iniciativa naceu para dar a coñecer o léxico galego.
A palabra elexida por maior número de votos no 2019 foi...


Sentidiño deriva de sentido, que procede do latino sentire, «percibir polos sentidos». Sentido ten varias acepcións no Dicionario da Real Academia Galega, pero no contexto da votación a máis acaída é a cuarta: «Capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta». É interesante o engadido do sufixo -iño, que, segundo os académicos, neste caso non implica un matiz de pequenez, senón que reforza esa «calidade de sensato»Sentidiño ten tamén equivalentes próximos noutras linguas, como son o caso do seny catalán, o buonsenso italiano, o bon sens francés ou o bom senso portugués.

Así que xa sabedes, actuade con sentidiño e non vos irá nada mal.