luns, 16 de abril de 2018
xoves, 12 de abril de 2018
mércores, 11 de abril de 2018
PARA PENSAR
Vos propoñemos que escoitedes ben este video e logo pensedes se vos parecen axeitadas algunhas das frases destes debuxos, moi coñecidos por tod@s vos.
martes, 10 de abril de 2018
MULLERES QUE FAN HISTORIA
Joana Rowling
É unha escritora e produtora de cinema británica, principalmente coñecida por ser a creadora da serie de libros Harry Potter, cuxa idea foi concibida durante unha viaxe en tren de Mánchester ata Londres en 1990.
Os libros de Harry Potter conseguiron moitas lectoras e lectores, gañado múltiples premios e vendendo máis de 450 millóns de copias. En xuño de 1990, mentres viaxaba nun tren durante catro horas desde Mánchester ata Londres, xurdiu na súa mente, a idea dunha escola de magos. «De súpeto, a idea de Harry apareceu na miña imaxinación, simplemente. Non podo dicir por que, ou que a desencadeou, pero vin a idea de Harry e da escola de magos moi explicitamente. De súpeto, tiven a idea básica dun neno que non sabía quen era, que non sabía que era meigo ata que recibiu unha invitación para asistir a unha escola de maxia. Non estiven nunca tan entusiasmada cunha idea».«Non sei de onde proveu a idea», díxolle ao Boston Globe, «Comezou con Harry, e daquela todos os personaxes e situacións afloraron na miña cabeza». Cando chegou ao seu apartamento, comezou a escribir inmediatamente.
Con todo, en decembro do mesmo ano, faleceu a nai de Rowling, tras unha batalla de dez anos coa esclerose múltiple. Rowling comentou «Estaba a escribir Harry Potter no momento en que a miña nai morreu. Xamais puiden falarlle sobre Harry Potter». Rowling dixo que este falecemento afectou profundamente o seu traballo como escritora, e que incluíu moitos máis detalles acerca da perda de Harry no primeiro libro, porque sabía como sentía.
luns, 9 de abril de 2018
RECOMENDAMOS
María Victoria Moreno
Ata o 17 de maio, nesta sección do noso blog imos ir coñecendo un pouco máis á autora á que se lle adican as Letras Galegas 2017, María Victoria Moreno. Na biblioteca podedes gozar dos seus libros.
María Victoria era unha boa estudante. Gustábanlle as matemáticas, parecíalle que abondaba con entendelas, pero deixou as contas polos contos, escolleeu letras debido á fascinación que espertaron nela o latín es as historias do mundo clásico da man da profesora Rosa Juliá. En Barcelona decidiu que quería dedicarse ao ensino e ali descubriu o Quixote, que leu dunha sentada. As cousas que lle pasaban ao fidalgo non a facían rir, nin sequera cando o cabaleiro libera das cadeas uns presos que ían camiño de galeras e que lle pagan guindándolle pedras e moéndoo a paus, nin na loita contra os muíños, nin cando tomou un rabaño de ovellas por un exército que viña cara a eles... Non había na historia loitas, encantamentos, desatinos, disparates ou amores que lle parecesen divertidos. Metíase na pel de don Quixote e só podía sentir mágoa do que lle pasaba ao bondadoso e soñador cabaleiro andante. Ela mesma tivo na súa maneira de entender a vida e na entrega ás causas que lle parecían xustas, un xeito quixotesco de proceder ás veces, como na seguinte historia:
Se chegaba á libraría alguén a quen lle interesaba un libro e dicía que non levaba cartos, ela facíalle levalo de todos os xeitos. En moitos casos esquecían volver para pagar. Outras veces, xa directamente os regalaba, o mesmo que facía cos préstamos de diñeiro da súa conta persoal.
Texto extraido do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito"
domingo, 8 de abril de 2018
CONTOS CURTOS. ISAO TAKAHATA
O xoves 5 de abril, recibimos a triste noticia de que Isao Takahata deixounos. Sen este cineasta o mundo do anime non sería o que é. Moitas xeracións lle debemos tardes moi entretidas con Heide e Marco. Mais tamén, entre outras, a fermosa película "La tumba de las luciérnagas". Nesta historia podemos escoitar frases como esta:
"Se a túa noite é escura, xoguemos a ser vagalumes"
Este é o trailer da película "El cuento de la princesa Kaguya"
Paga a pena que vexades as súas películas, que sempre contan historias, unha veces tristes e outras non, máis sempre cunha grande sensibilidade e fermosura de imaxes.
Premendo no seu nome, podedes saber máis da vida de Isao Takahata
Que a terra lle sexa leve.
xoves, 5 de abril de 2018
mércores, 4 de abril de 2018
martes, 3 de abril de 2018
MULLERES QUE FAN HISTORIA
Josefina Ling Ling, é unha astrónoma galega que naceu en Madrid e criouse alí, pero a ela gustáballe Galicia, porque pasaba as vacacións en Ares.
Na Universidade Autónoma de Madrid realizou o primeiro ciclo da Licenciatura de Matemáticas, pero coñeceu a un grupo de astrónomos afeccionados da Agrupación Astronómica de Madrid e entroulle a paixón por esta ciencia. Ling decidiu entón trasladarse á Universidade Complutense de Madrid para estudar a especialidade de Astronomía.
Josefina ten un doutoramento en ciencias Matemáticas, traballa na Universidade de Santiago como profesora, pero tamén traballou en diversos observatorios.
Descubriu unha estrela a máis de 3.046 anos luz desde o observatorio Pic Du Midi, e leva o seu nome.
luns, 2 de abril de 2018
RECOMENDAMOS
O día 2 de Abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. Escolleuse esta data porque é o día que naceu o escritor Hans Christian Andersen. Autor de contos tan coñecidos como: "A Sirenita", "O reiseñor", "O patito feo" ou "O soldadiño de chumbo".
Seguro que leíchedes algún dos seus contos, non si?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






