domingo, 16 de outubro de 2011

O Sol

O Sol

O Sol brilla

nas nosas vidas

coa súa calor e a súa alegría.



A súa luz

brilla no verán

como una antorcha

que encendida sempre está.



Grazas, Sol

pola túa alegría.

Se non existiras

non habería día.



Rubén Varela Moscoso, 5º A

O mar

O Mar

Ten auga salgada,

e moitos animais

con moita vida.

 O outono

Adeus ao verán,

xa chega o frío

e a choiva

fai medrar os ríos.

Jonathan Naya Fernández, 5º A

Outono

Outono

No outono,

cáenlle as follas ás árbores,

o campo vólvese dourado.



No aoutono chove,

tamén vai frío

e os días son máis curtos.



No outono

empeza o colexio,

e os paxaros marchan ao sur.



Flavia Tong Paucar,5ºA

O outono

O outono

O outono chegou

marrón e amarelo.

O outono chegou

e tamén vermello.



O outono chegou

e con el os cogomelos.

O outono chegou

coa choiva e o vento.



O outono chegou

 e adeus ás andoriñas.

O outono chegou

e follas secas nos deixou.

David García Remo, 5ºA

domingo, 2 de outubro de 2011

5ºA COMEZA A ESCRIBIR NO BLOG POESÍAS

Felicitacións para as nenas e nenos de 5ºA  polos seus poemas; para os que están no Blog e para os que por falta de espacio non están desta vez.(Sodes moitos)
ÁNIMO!!!SEGUIDE TRABALLANDO!!! que eu vou ler os vosos traballos porque me gustan e o paso moi ben.
Saúdos
           Mari Carmen V.

sábado, 1 de outubro de 2011

Coruña, un sentimento

Coruña, Coruña,

es un sentimento

Unha marabillosa cidade.



Que fermosa é a Coruña!

Levantarse cediño

e ver as olas romper.



Manuel Soto Figueiredo.5ºA

Estrelas brillantes



Coruña, coas túas estrelas brillantes

e a túa luz deslumbrante

resultas máxica e inigualable.



Leeia- Ana Ciucurean, 5ºA

Un fermoso lugar




A Coruña é un fermoso lugar

rodeado de mar,

A casa do Home,

A dos Peixes,

A das Ciencias

E o museo de Belas Artes,

Todos podes visitar.



Nicolás Paz Franco, 5ºA

Na alma te levo

Coruña, quérote

Á Coruña veño

e por eso sempre

na alma te levo.



A miña terriña,

a miña cidade

e como me gusta

nela quero estar.



Sheila Cedrón Carracedo, 5ºA

O vento da Coruña

A Coruña é unha cidade fermosa

que ten unha ría,

 un cantón cheo de rosas

e unhas praias areosas.



O mar levoume as miñas prosas

como pétalos de rosas

mecidas polo vento

da Coruña en movemento.



Ana Areoso López, 5ºA