Hoxe na nosa comunidade de booktubers, Olivia de 3ºA, recomenda ...
Moitas grazas, Olivia!!!
Xa estamos na semana do Samaín, por iso, a nosa curta animada de hoxe é a historia dunha bruxa que busca o amor, pero...
LA BRUXA
Hoxe, imos coñecer o planeta, Mercurio, que é o que está máis preto do Sol.
Aquí vos deixamos unha adiviña, a ver quen é a persoa que a resolve!!!
Unha cousa para a que sempre chove e sempre está mollada.
Hoxe, os nosos cosmonautas intrépidos son: Alejandro e Lauren!!!
Moitas grazas, Alejandro e Lauren!!!
Esta curta animada titúlase, SEED, nela descubriredes a competencia tecno-comunicativa entre un ovo e unha mazá, así como a loita por sobrevivir. Feita en stop motion, gañou no ano 2010 o premio a mellor curta de animación no festival de Slamdance.
Esperamos que vos guste!
Cada venres, deste trimestre, iremos coñecendo o noso sistema solar. Hoxe empezamos cunha pequeña introdución dos elementos que o conforman e, pouco a pouco iremos coñecendo máis curiosidades.
Así que xa sabedes, cada venres tedes unha cita co Rakonto para ir coñecendo o noso universo!
Animádevos a ser cosmonautas intrépidos! Só tedes que pasar pola biblioteca no recreo e quedamos nun planeta para grabar.
Pero xa temos o noso primeiro cosmonauta intrépido, Álvaro de 5ºA!
Moitas grazas, Álvaro!!!
Seguro que xa sabedes que nos gusta moito a sección de Booktubers, porque nos encanta que recomendedes libros.
Para facer unha recomendación dun libro ou un cómic, non tedes máis que pasar pola biblioteca no recreo e xa quedamos para grabar o vídeo.
Animádevos a formar parte da Comunidade de Booktubers da biblioteca no colexio!!!
E aquí tedes a dúas booktubers fantásticas, Mara e Rosalía de 3ºA: