NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

venres, 28 de marzo de 2025

TEMOS UN NOVO CLUB LECTOR.

Un grupo de alumnas da aula de 3ºB decidiron que querían formar un Club Lector. Viñeron á biblioteca, fixeron a súa proposta e escolleron un libro.  Para nós foi unha alegría que tivesen esta iniciativa, porque na biblioteca estamos felices cando aumenta o número de lectores e lectoras.

Foi un pracer ter xa a primeira reunión e falar con elas da historia que acababan de ler.


Moitas grazas a: Sofía, Elif, Gisela, Lucía e Alexandra!





Ningún comentario:

Publicar un comentario