NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 23 de decembro de 2018

CONTACONTOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO BARRIO


Chegou o Nadal e, desde a nosa Biblioteca Escolar Solidaria, preparamos unha actividade para achegar aos máis pequenos e pequenas ao marabilloso mundo dos libros. Adaptamos ao galego o conto Dear Santa de Rod Campbell e Karina e Xiao de 6º de EP prepararon unha sinxela interpretación para levala de xira polas escolas infantís da zona.
Visitamos a EIM Agra do Orzán e a EI O Ventorrillo (por certo, grazas por acollernos) e a función foi un éxito de público e crítica.
Esta converteuse na primeira doutras visitas que, ao longo do curso, brindaremos a algunhas institucións do barrio.

xoves, 20 de decembro de 2018

BO NADAL




Desde este blog da biblioteca, ese lugar onde as palabras fan a maxia de levarnos a moitas partes do mundo, que sacan o noso sorriso ou abren os nosos ollos ante a sorpresa do acontecido; queremos desexarvos ...

        BO NADAL

                                    FELICES FIESTAS

DEWÉNATI

أعيادا سعيدة

BONES FESTES


                                MERRY CHRISTMAS

HOLIDAYAASHA DHEXDIISA

                                              SARBATORI FERICITE

AQUI TEDES ESTA CANCIÓN, PORQUE NON PERDEMOS A ESPERANZA DE UN MUNDO MÁIS XUSTO E IGUALITARIO PARA TODAS E TODOS:



martes, 18 de decembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Hoxe, desde o noso Rakonto, queremos dar os nosos parabéns á escritora e profesora Mercedes Queixas Zas; xa que acaba de ser nomeada académica da Real Academia Galega.
Mercedes foi a primeira autora que visitou a nosa biblioteca este curso. Trouxo con ela a Xandra, a landra que quería voar e tamén o seu ollar sempre alegre e agarimoso.
E se queredes coñecer un pouco máis a esta autora, facede click neste enlace para ler o seu  Cuestionario Proust.

Moitos parabéns Mercedes!!!



luns, 17 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS

Hoxe no noso recomendamos, Ledicia Costas; a autora que tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca. Con ela falamos das cousas que lle gustan, de como imaxina as súas historias e de como a literatura é parte moi importante da súa vida xa desde que era unha crianza.
Moitas grazas Ledicia!!!



RECOMENDAMOS

O noso compañeiro Elvis de 1º, recoméndanos...



mércores, 12 de decembro de 2018

ELAS SON MÚSICA

Hoxe imos coñecer ao grupo "Xestreu". Sabedes o que é un aturuxo? Pois é un berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas.




martes, 11 de decembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA


Resultado de imaxes para LA SELECCION ESPAÑOLA FEMENINA DE FUTBOL SUB 17 CAMPEONA DEL MUNDO


A Selección de fútbol feminino Sub17, acaba de facer historia gañando o Mundial  Sub 17 de fútbol feminino.

Neste enlace tedes máis información:




BRAVO POR ELAS!!!

luns, 10 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS



Resultado de imaxes para ledicia costas


Hoxe temos unha visita moi especial na nosa biblioteca, a autora Ledicia Costas. Aquí tedes o Cuestionario Proust para que a coñezades un pouco máis.

Premede neste enlace:




mércores, 5 de decembro de 2018

ELAS SON MÚSICA


Hoxe temos a tres mulleres rompedoras, non só na súa posta en escea, mais tamén no seu xeito de cantar e de facer versións doutras cancións.

Son da nosa cidade, A Coruña e... fanse chamar... AS ANTONIAS.









martes, 4 de decembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Resultado de imaxes para hedy lamarr inventora de wifi


Ela é Hedy Lamarr, que ademáis de inventora e enxeñeira, foi unha gran estrela do cine en Hollywood.

Durante a II Guerra Mundial, Hedy Lamarr e o compositor  George Antheil, inventaron o sistema de comunicación segredo. Era unha forma de comunicación sen cables e a longa distancia, que servía para detectar torpedos. O máis curioso é que o invento está basado nas teclas do piano e é a base do WIFI, o BLUETOOTH e o GPS que coñecemos e tanto nos axuda hoxe.

luns, 3 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS. VISITOUNOS A AUTORA ANDREA BARREIRA FREIJE


Seguimos na nosa biblioteca recibindo autoras que nos falan dos seus libros, de como foi ese proceso de creación, das súas afeccións, inquedanzas, ilusións... dos seus libros favoritos.
A conversa coa autora de "Non hai luz sen escuridade", Urco Editora, Andrea Barreira Freije, foi un pracer e un tempo que xa quedará con nós para sempre.

Moitas grazas Andrea; Lea xa é parte dos nosos soños.

Grazas a Thais e a Brenda pola entrevista. Sodes mulleres bravas!!!