NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 24 de febreiro de 2022

RAKONTO VERDE

 

Sabedes que unha das flores favoritas de Rosalía de Castro eran os pensamentos?

Os pensamentos son flores de cinco pétalos que, como todas as flores, segundo o país teñen as súas lendas.

Na cultura europea, o pensamento ten un significado romántico, por exemplo en España e Francia asóciase coas lembranzas. En Inglaterra, tamén ten o mesmo significado, xa que como conta Shakespeare en "El sueño de una noche de verano", Oberó pon nas pálpebras dos ollos da súa esposa Titania, raiña das fadas, unhas gotas de perfume desta flor, para que se enamore do primeiro ser que vexa cando esperte.

En Escocia e Alemaña, o seu significado é máis ben descriptivo en canto á apariencia da flor en si mesma. O pétalo máis grande representa a unha madrastra que acompaña aos outros pétalos laterais e que son as súas filla, mentres que os pétalos de diferente cor ou máis pálidos, simbolizan os ciumes e a envexa, que representaría ás fillastras. Como vedes lembra ao conto da Cenicienta.

Pero nós imos quedar, xa que esta é a semana de Rosalía de Castro, coa súa paixón por istas flores, que foi un dos seus últimos desexos antes de morrer, ter un ramo de pensamentos. Ela que tanto pensou en todas as persoas e para elas escribiu.






mércores, 23 de febreiro de 2022

martes, 22 de febreiro de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


Hoxe desde o blog da biblioteca, facemos unha proposta poética. Sen dúbida, para escribir poesía é preciso sentir emocións: alegría, tristura, esperanza, sorpresa, enfado, goce... 

Escollede unha emoción e a relacionades cun ou cunha compañeira da vosa aula, a continuación, despois de pensar sobre esa emoción ou sentimento, escribides un poema de dúas estrofas e catro versos cada unha. Logo llo entregades a ese compañeiro ou compañeira para o que foi escrito.

Tamén podedes entregarllos a vosa titora, e se vos apetece, os publicamos no blog.


ANIMÁDEVOS A POETIZAR AS VOSAS EMOCIÓNS!!!



luns, 21 de febreiro de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS. MARU DE 6ºA

Hoxe na nosa Comunidade de Booktubers, unha nova compañeira, Maru de 6ºA e a súa entusiasta recomendación.


Moitas grazas, Maru!




domingo, 20 de febreiro de 2022

DEBUXANDO A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 
Neste vídeo atoparedes información sobre a vida de Rosalía de Castro, mais hai que modificar un dato. A investigadora Sagrario Abelleira vén de facer público o achado duns documentos que mudan o que sabiamos sobre Rosalía: a data de nacemento da escritora ten que situarse no día 23 de febreiro de 1837, e non o día 24, como se pensaba até agora.
O expediente matrimonial de Rosalía de Castro con Manuel Murguía, atopado no arquivo Diocesano de Madrid, é un documento que acredita e permite fixar definitivamente o día en que naceu a escritora, e aclara moitas das dúbidas que até o de agora pairaban sobre a súa biografía.








xoves, 17 de febreiro de 2022

RAKONTO VERDE

 Pois xa para rematar esta semana dedicada ao amor desde a diversidade, o respecto e a liberdade, no Rakonto Verde queremos enseñarvos a árbore do amor! 

Que teñades boa fin de semana!




martes, 15 de febreiro de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 O amor, sen dúbida, é tamén unha emoción, pero como xa falabamos o luns, son moitas as formas de amar, e non sempre se trata do chamado "amor romántico".

Velaquí este vídeo con varios e varias adolescentes e a filósofa e escritora Elsa Punset.




luns, 14 de febreiro de 2022

domingo, 13 de febreiro de 2022

CONTO ANIMADO

 Aínda que neste blog non somos de celebrar o día das e dos enamorados, por esa parte comercial que non nos gusta nada, si somos moi partidarias do amor en toda a súa diversidade de xénero e  en todas as súas manifestacións. Xa que como sabedes, son moitas as persoas, animais, lembranzas, amigas, amigos... polas que podemos sentir amor.

Pero tamén temos claro que o amor, só é de verdade, cando unha persoa non abusa ou establece un control sobre a outra, sin respecto e liberdade, non é verdadeiro amor.

Aquí vos deixamos este vídeo para, se vos presta, establezades logo un interesante debate sobre o que debe ser o amor en igualdade.


Sunshine. No confundir amor con abuso



xoves, 10 de febreiro de 2022

RAKONTO VERDE

 Seguimos no Rakonto Verde coa agricultura sostible e o vídeo deste venres ten un título ben fermoso: Un soño en media hectárea. Porque cando facemos algo con paixón, gozamos moito co noso traballo e facemos tamén felices ás persoas que, dalgún xeito, comparten ese soño. 

O soño de Adalú e Santi, chámase " O verxel das fadas". Velaquí o tedes....



martes, 8 de febreiro de 2022

luns, 7 de febreiro de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe Lorena de 6ºB, fai unha proposta moi interesante, que sexades detectives e resolvades o misterio!

MOITAS GRAZAS, LORENA!!!




domingo, 6 de febreiro de 2022

xoves, 3 de febreiro de 2022

RAKONTO VERDE

 Hoxe vos traemos un Time - Lapse sobre cactus con flores, esta planta que en moitas ocasión rexeitamos porque pode pincharnos. Máis os hai con fermosas flores e son moi agradecidas, xa que non precisan excesivos coidados.

Mirade que fermosura!




martes, 1 de febreiro de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

O título deste vídeo é Lo más importante lo sabeis sólo vosotros. Escoitade ao autor Jordi Sierra I Fabra, do que ben seguro leíchedes algún dos seus libros: Querido hijo estás despedido, El niño que vivía en las estrellas, El club de los raros... na biblioteca podedes atopar libros deste autor. 

Escoitede o que conta, xa que os vosos soños e intentar logralos é, probablemente,  a decisión e a loita máis importante da vosa vida.