NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 30 de marzo de 2025

CURTA ANIMADA. 2 DE ABRIL. DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

 Mañá martes, celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil, e si, é para celebralo. Desde que aprendemos a ler, ese momento máxico no que as letras, que elas soas semellan non ter sentido, pero que xuntas forman palabras e logo historias, acompáñanos durante toda a nosa vida.

Sempre se di que ler é viaxar a outros lugares, vivir historias, que quizais, nunca poderemos vivir senón fose polos libros, e é certo. Cantas de vós tivestes que resolver un misterio e para iso entrar nunha cova chea de morcegos, ou viaxar nunha nave espacial, coñecer a Drácula, unha illa na que hai un tesouro, ter unha forza extraordinaria e un cabalo con lunares chamado "Pequeno Tío", e un mono tití chamado "Señor Nilsson". Pois, todo isto podemos telo a través dos libros.

Un xeito fermoso de celebrar este día, é acudindo á biblioteca e escollendo un libro, logo, se vos presta, podemos grabar a vosa recomendación para a sección de Booktubers.

E, como cada ano, a nosa curta animada favorita para celebrar os libros:




Ningún comentario:

Publicar un comentario