NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

sábado, 22 de marzo de 2025

CURTAS ANIMADAS. 22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA

Este sábado 22 de marzo, foi o Día Mundial da Auga. É moi importante que non a desperdiciemos, xa que sen este recurso a vida no noso planeta desaparecería. Podemos facer pequenas cousas que lograrán que xuntos, a auga sexa un ben do que gozar todas as persoas.

Imaxina que abres a billa e non sae nin unha pinga de auga, sería imposible realizar a maioría das tarefas diarias que son necesarias para unha familia! Lavar os alimentos, a nosa hixiene, cociñar e moitas outras actividades da vida cotiá. En moitos países do mundo, a auga é un recurso moi escaso, ou ben está contaminada. O acceso á auga é un dereito humano básico e toca pensar en como solucionar estas situacións tan inxustas ás que se teñen que enfrontar moitas familias en distintas partes do mundo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario