luns, 28 de outubro de 2024

domingo, 27 de outubro de 2024

CURTAS ANIMADAS. SAMAÍN

 Xa estamos na semana do Samaín, por iso, a nosa curta animada de hoxe é a historia dunha bruxa que busca o amor, pero...



LA BRUXA



xoves, 24 de outubro de 2024

mércores, 23 de outubro de 2024

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

 Aquí vos deixamos unha adiviña, a ver quen é a persoa que a resolve!!!



18,641,989 ilustraciones de stock de Emoticon pensativo | Depositphotos


Unha cousa para a que sempre chove e sempre está mollada.

luns, 21 de outubro de 2024

martes, 15 de outubro de 2024

COSMONAUTAS INTRÉPIDOS

 Hoxe, os nosos cosmonautas intrépidos son: Alejandro e Lauren!!!


Moitas grazas, Alejandro e Lauren!!!




domingo, 13 de outubro de 2024

CURTAS ANIMADAS

Esta curta animada titúlase, SEED, nela descubriredes a competencia tecno-comunicativa entre un ovo e unha mazá, así como a loita por sobrevivir. Feita en stop motion, gañou no ano 2010 o premio a mellor curta de animación no festival de Slamdance.

Esperamos que vos guste!


 


domingo, 6 de outubro de 2024

CURTAS ANIMADAS

Empezamos un novo curso e con el a ilusión dun novo proxecto. Este ano imos coñecer un lugar fascinante e cheo de misterios aínda por descubrir, o universo. Por iso, o proxecto leva o título de "Somos todo un universo".
E que mellor forma de empezar cunha curta animada de Taiko Estudios, "Un pequeno paso", recordando a frase que dixo a primeira persoa que pisou a lúa, o astronauta Neil Amstrong que, cando apoiou o seu pé esquerdo na lúa, dixo:

Un pequeno paso para o home, un gran paso para a humanidade.

Esperamos que gocedes desta curta animada!!!


UN PEQUENO PASO



 

xoves, 3 de outubro de 2024

COÑECENDO O SISTEMA SOLAR

 Cada venres, deste trimestre, iremos coñecendo o noso sistema solar. Hoxe empezamos cunha pequeña introdución dos elementos que o conforman e, pouco a pouco iremos coñecendo máis curiosidades.

Así que xa sabedes, cada venres tedes unha cita co Rakonto para ir coñecendo o noso universo!






martes, 1 de outubro de 2024

COSMONAUTAS INTRÉPIDOS



 Este curso iniciamos unha nova entrada para aprender cada semana algo novo sobre o universo e, como estamos seguras que vós sabedes moito, queremos que nolo contedes.

Animádevos a ser cosmonautas intrépidos! Só tedes que pasar pola biblioteca no recreo e quedamos nun planeta para grabar.

Pero xa temos o noso primeiro cosmonauta intrépido, Álvaro de 5ºA!


Moitas grazas, Álvaro!!!









COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Seguro que xa sabedes que nos gusta moito a sección de Booktubers, porque nos encanta que recomendedes libros.

Para facer unha recomendación dun libro ou un cómic, non tedes máis que pasar pola biblioteca no recreo e xa quedamos para grabar o vídeo.

Animádevos a formar parte da Comunidade de Booktubers da biblioteca no colexio!!!

E aquí tedes a dúas booktubers fantásticas, Mara e Rosalía de 3ºA: