NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 31 de marzo de 2019

CONTOS CURTOS. SEMANA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde o ano 1967, o 2 de abril, a Organización Internacional para o libro xuvenil, celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta data coincide coa do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como O soldadiño de chumbo, A serea, A raíña das neves...

Esta semana o noso blog estará dedicado a un dos mellores acontecementos da nosa vida, ler un libro, ou escoitar como alguén o le para ti.

Moitas e moitos de vós xa coñecedes esta curta, mais nunha semana tan especial paga a pena volver a velo.

Os fantásticos libros voadores do Señor Morris Lessmore


CONTACONTOS NA EIM AGRA DO ORZÁN


Lembrades cando vos contamos que foramos ler un contiño de Nadal ás escolas infantís do barrio? Pois, visitámolas outra vez! O pasado xoves, acudimos á EIM veciña para representar unha versión dramatizada do libro de Anna Llenas, O monstro de cores.
Actuamos para os máis pequenos e pequenas da escola. Encantoulles!
Logo, as mestras deleitáronnos cunha obriña dos tres porquiños en sombras chinescas. 
Ao día seguinte, os e as maiores da escola infantil visitaron a nosa bilioteca e volvemos actuar.
Logo, da función, todos e todas bailamos a canción de Marina y los emoticantos: El baile de las emociones.
Grazas a EIM pola súa colaboración e disposición para poder realizar estas actividades! A comunicación entre os e as que nos dedicamos a educar no barrio resulta esencial.

mércores, 27 de marzo de 2019

ASÍ APRENDEMOS NO RAQUEL CAMACHO

Esta claro que gozamos traballando coa natureza e coidando os nosos hortos urbanos e as plantas de interior.
E para mostra...






martes, 26 de marzo de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA. DÍA DO TEATRO

Hoxe é o Día do Teatro, e desde este blog non podemos esquecer un día tan importante pois, que ben o pasamos na biblioteca cando facemos teatro!

É por isto que queremos lembrar a unha actriz, que en tempos nos que esta profesión tan fermosa non era moi ben vista, ela triunfou en Francia, país ao que tivo que exiliarse por mor das ideas políticas do seu pai. 
Neste país actuou en escenarios de grandes teatros e tamén en películas. Foi tan querida polos franceses que a chegaron a nomear " Cabaleiro da Lexión de Honra". Tamén lle concederon a Medalla Castelao e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

María Casares naceu na Coruña, no ano 1922 e estudiou no Colexio da Grande Obra de A Coruña, que está ao carón do Campo da Leña e na que seguen a estudiar moitas nenas e nenos.
Ela, como moitas outras mulleres, foi abrindo camiño para que hoxe algunha de vós poda dedicarse ao teatro, sen que sexa unha profesión mal vista, mais ben e dunha gran fermosura subir ás tablas dun escenario e poder facer feliz ás persoas durante dúas horas.

FELIZ DÍA DO TEATRO A TODXS!!!

María Casares

Resultado de imaxes para maria casares

luns, 25 de marzo de 2019

RECOMENDAMOS

O venres tivemos a honra de participar, xunto co IES Agra do Orzán e o CEIP San Pedro de Visma, na celebración  dos 50 anos do libro Os soños na gaiola, do escritor galego Manuel María.
Este acto foi organizado pola Fundación Manuel María e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
As alumnas e alumnos de 4ºA recitaron tres dos poemas do seu libro, A lúa, O sol e As estrelas. Pero ademais, dous dos compañeiros, perfectamente caracterizados, déronlle voz ao propio autor.
Ao final, puxeron o nome de Manuel María a unha estrela. E non podemos esquecer a fermosa gaiola que fixeron.

Moitos parabéns polo voso traballo!!! 

Sodes fantásticxs!!!













E ALGUNHA FOTOGRAFÍAS!!!




domingo, 24 de marzo de 2019

ESTAMOS DE ANIVERSARIO. PARABÉNS A RAQUEL



A nosa compañeira Raquel Dominguez Senin, de 5º B, é a creadora e gañadora do logotipo para celebrar o 50 aniversario do noso colexio, do que cada día estamos máis orgullosxs, grazas a todxs xs que o facedes posible.

Moitos parabéns Raquel e o nos agradecemento por un logo tan fermoso e inspirador!!!







VELAÍ O LOGOTIPO!!!




CONTOS CURTOS



CAMIÑO DOS XIGANTES


Nun bosque de árbores xigantes, Oquirá, unha nena de 6 anos, vai desafiar seu destino e aprender sobre o ciclo da vida.



mércores, 20 de marzo de 2019

ASÍ TRABALLAMOS NO RAQUEL CAMACHO

As alumnas e alumnos de 4ºA, estiveron traballando as súas pantallas do Entroido, feitas por eles e das que poden sentirse moi orgullosas.
Velaí unha mostra:






MOITOS PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

martes, 19 de marzo de 2019

RECOMENDAMOS.

Esta semana tivemos a sorte de gozar co escritor Manuel Rivas e o músico Ce, da representación do marabilloso conto A mestra e o . Edicións Xerais. Solicitamos o salón de actos do Ágora, e alá fomos os cursos: 3º e 4º.

Moitas grazas ao autor e ao músico por facernos pasar un tempo fermoso, onde a música e a palabra mesturáronse para crear a maxia dunha historia que xa non imos esquecer.

Tamén agradecer as nenas e nenos destas aulas o seu marabilloso comportamento e a súa atención.

Velaí a reportaxe:









domingo, 17 de marzo de 2019

CONTOS CURTOS I

Hoxe, como ides ver, temos dúas entradas de Contos Curtos.

O venres 15 pola tarde estivemos contando un conto no noso barrio, na Libraría Suevia: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? A actividade foi anunciada en prensa, como podedes ver: 


 Este foi o marabilloso público:






Ei aquí as fantásticas e fantásticos conta contos:












Moitísimas grazas a todas pola vosa presenza. A Paula, Sheila, Sabela, Bruno, Gabi, Gari, Raquel, Yaiza, Amanda, Noa.V e Noa.B; polo seu traballo tan profesional, o esforzo e a ilusión.
E moitas grazas á Libraría Suevia, por acollernos con tanto cariño nese espazo no que as historias son o alicerce que move o mundo.

PARABÉNS!!!









CONTOS CURTOS II


Hoxe nesta sección contamos con dúas entradas. O noso conto curto de todos os luns e a continuación, o conto que contaron as nosas compañeiras e compañeiros de 5º A e B.



PRINT YOUR GUY