Club Lector " Café con letras violetas"







Este curso empezamos un novo club lector formado por nais de alumnas e alumnos do noso colexio, así como persoas interesadas nas historias.
Xuntámonos o terceiro luns de cada mes para falar das nosas lecturas, compartir ideas, sentimentos e todo o que nos preste partillar.
Gústanos ler a autoras galegas, mais tamén iremos percorrendo outros mundos literarios sempre na compaña dun café con letras violetas.

NÓS


AS NOSAS LECTURAS

                                                          



                                                   


Seguimos lendo e compartindo historias, mais estes días tivemos a sorte de compartir coa autora a nosa última lectura, Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, Edicións Positivas.  Este libro de relatos, recibíu o Premio Narrativas Quentes. 








                                                        

                 

Falar con Emma Pedreira dun libro en concreto é falar de moitos libros máis. A literatura vai con ela como a pel, como a cortiza das árbores, e inúndanos a nós do desexo de máis lecturas, dela e doutras autoras, das que sempre fala coa paixón da lectora que vende o seu sono por rematar un libro.

Moitas grazas Emma, por compartir Café con letras violetas!



NESTE NOVO CURSO 2020/2021 NON HAI NADA QUE NOS PARE!

Seguimos co noso club lector, aínda que sexa a través da pantalla. Nesta ocasión cun fermoso, aínda que doloroso libro, velaí a maxia da literatura "Del color de la leche", da autora Neil Leyson, Edt. Narrativa Sexto Piso.


Moitas grazas por compartir unha fermosa tarde!


E xa estamos preparando a seguinte lectura, pero iso é outra historia...



2023! Empezamos!!!

Este curso, empezamos con forza. A nosa primeira lectura é "Luns", da autora Elí Ríos. Editado en galego por, Edicións Xerais; e en castelán pola Editorial Consonni, traducido por María Reimóndez.
E tivemos a sorte de que a autora estivese con nós! Así foi a interesante e fermosa primeira xuntanza!

Moi agradecidas a Elí Ríos, polas descubertas, os sentires e, sen dúbida a aprendizaxe!!!



CURSO 23/24
                       Durante este curso limos os seguintes libros:







NESTE CURSO 24- 25, LIMOS:


la excepción-audur ava olafsdottir-9788466332538


la señora dalloway-virginia woolf-9788408247524

La dependienta (NEFELIBATA) : Sayaka Murata, Sayaka Murata: Amazon.es:  Libros


LA ESCUELA DE CANTO | Nell Leyshon | Editorial Sexto Piso | Casa del Libro


E DESPOIS DE LER ...
O teu perfil na miña sombra. Diario dunha nai - Editorial Galaxia


ESTIVEMOS FALANDO COA AUTORA!!!!






Neste curso 25/26 gozamos coa lectura de libros tan marabillosos como, Prohibido morir aquí, de Elizabeth Taylor, unha das mellores novelas dunha das máis destacadas novelistas británicas, publicada orixinariamente en 1971. Unha historia sobre as excentricidades e sinsabores dunha serie de personaxes que xa están na terceira idade.







Non podiamos deixar de ler as novelas da autora á que se dedican este ano as Letras Galegas, Begoña Caamaño. Escollemos Circe ou o pracer do azul, que nos levou a unha reunión cómplice sobre o que é ser muller nunha sociedade patriarcal e como a visión do mar ten horizonte, cando somos libres.







Con este libro, chegamos en tempo de lelo en galego. Unha novela, a de Lucía Solla Sobral, que indaga nas relacións desiguais e na amizade como refuxio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario