Moitas grazas a esta gran comunidade lectora!!!
domingo, 31 de maio de 2026
DESPEDIDA, POR ESTE CURSO, DA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS.
xoves, 28 de maio de 2026
LETRAS GALEGAS 2026
Xa sabedes que temos radio no noso colexio, este é o fermoso logo e nome, que é obra de Ivo e Sofía da aula de 5ºC.
E a estreamos ao grande, con dous podcast das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño e nos que recibimos no colexio a Radio Nacional de España, da man da xornalista Rosalía Martínez Olmos.
Para escoitalos, só tedes que entrar neste enlace da web do noso colexio e atoparedes os enlaces para escoitar os dous podcast, premendo neste enlace: O Raquel nas ondas
Neste programa participaron os vosos compañeiros e compañeiras: Marco, Xulia, Olivia, Khadija e Noa. Moitos parabéns!!!
E tamén podedes escoitalo no Portal da Lingua, premendo neste enlace: Portal da lingua
sábado, 23 de maio de 2026
CURTAS ANIMADAS
Desde este blog, que semana a semana, acompañounos, desexamos que o voso verán sexa coma o final desta curta animada, divertido e con fermosas postas de sol.
martes, 19 de maio de 2026
ANDANDO A TERRA: MARROCOS
Seguimos andando a terra e a nosa parada de hoxe é nun país moi fermoso e que ten unha cidade pintada toda de azul, Chefchaouen!
domingo, 17 de maio de 2026
CURTAS ANIMADAS
A curta animada de hoxe fala de algo moi necesario e importante. A ver se sabedes que é? Está basado no libro homónimo da autora brasileira Cris Paz.
O MENINO QUE ENGOLIU O CHORO
xoves, 14 de maio de 2026
LETRAS GALEGAS 2026.
Queredes seguir coñecendo a Begoña Caamaño? Pois escoitade esta entrevista do programa "A conversa", no que a autora nos conta como empezou no xornalismo e tamén como empezou a escribir.
martes, 12 de maio de 2026
ANDANDO A TERRA. SENEGAL
Hoxe imos coñecer un país moi fermoso e que é o lugar de nacemento de moitos e moitas das nosas compañeiras e compañeiros, Senegal. Un dos 54 países que conforma o continente africano.
domingo, 10 de maio de 2026
mércores, 29 de abril de 2026
LETRAS GALEGAS 2026
Entramos no mes do Día das Letras Galegas e, para que vaiades coñecendo á autora á que se lle dedican este ano, Begoña Caamaño, aquí tedes un telexornal feito polo alumnado do CPI dos Dices, no que xa podedes empezar a coñecer a esta xornalista e escritora tan interesante.
domingo, 26 de abril de 2026
mércores, 22 de abril de 2026
SEMANA DO LIBRO. COMUNIDADE DE BOOKTUBERS.
Alexa e Daniela de 5ºA, recomendan ...
QUEREMOS DAR AS GRAZAS, NESTE DÍA DO LIBRO, A TODAS AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS QUE FACEDES POSIBLE A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS!
DÍA DO LIBRO.
Ler as nosas compañeiras e compañeiros é unha das máis fermosas formas de comunicarnos e compartir. Por iso, gozamos escollendo lecturas para lerlles aos máis pequenos. Aquí vos deixamos un vídeo que demostra o felices que somos todos e todas compartindo historias.
domingo, 19 de abril de 2026
SEMANA DO LIBRO. CURTA ANIMADA.
Como todos os anos, e fieis a nosa tradición na semana do libro, escollemos o noso corto favorito, "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore.
Unha historia de persoas que dedican a súa vida aos libroe e, ao mesmo tempo, todo o que eles lles dan.
Gozade desta fermosa curta animada!!!
xoves, 16 de abril de 2026
ANDANDO A TERRA. CUBA
Hoxe imos coñecer un país moi especial para todos os galegos e galegas, xa que somos moitas as persoas que temos na nosa familia alguén que, no pasado, emigrou a Cuba.
E tamén, dentro da súa cultura, a música, que chegou todos os lugares do mundo!
Aquí unha cantas marabillas deste país!
Coñecedes o fantástico hip hop cubano. Neste vídeo da man de Danay Suárez.
E agora, unha canción que todo cubano coñece, e os que non o son, tamén. A letra é dun poeta moi importante en Cuba, José Martí. Neste vídeo, cantada por máis de 75 cubanos, "Playing for Change"
martes, 14 de abril de 2026
VISITOUNOS...
Estivo connosco Fina Casalderrey e, a palabra e a imaxinación voaron pola nosa biblioteca coma a brisa do verán. Hai momentos inesquecibles, e esta mañá, sempre quedará nos nosos corazóns.
Agradecer a Olivia e Ousmane a entrevista, que como verdadeiros xornalistas, fixeron a nosa autora.
Moitas grazas, Fina!!!
domingo, 12 de abril de 2026
xoves, 26 de marzo de 2026
ANDANDO A TERRA. BRASIL
Imos coñecer un país marabilloso, que seguro que coñecedes por unha das súas paixóns, o fútbol. Pero Brasil, non é só o país do fútbol, tamén ten outras curiosidades. Imos aló!
martes, 24 de marzo de 2026
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS.
Noa e Lili de 5ºA, fan unha recomendación moi interesante. Escoitade!
Moitas grazas ás dúas!!!
domingo, 22 de marzo de 2026
CURTAS ANIMADAS.
O 21 de marzo é un día moi fermoso, empeza a primavera e por iso é tamén o Día da Poesía.
Segundo a mitoloxía, o equinoccio da primavera simboliza o renacer, a fertilidade e a vitoria da luz sobre a escuridade. No mito grego de Perséfone, ela regresa do inframundo xunto a súa mai Deméter, provocando que a natureza floreza tras o inverno. Mais, na mitoloxía celta, o equinoccio celebra o equilibrio perfecto entre a luz e a escuridade, sendo o punto de partida do crecemento.
En cada mito hai unha historia, mais todas teñen un carácter profundamente agrícola, marcando a esperanza das boas colleitas e o fin do frío inverno.
Mais, por ser este o día que comeza a primavera, a UNESCO en 1999, durante a súa 30ª Conferencia Xeral en Paris, promoveu esta iniciativa para promover a diversidade lingüística, homenaxear as poetas, revivindo as tradicións orais dos recitais e para promover o ensino da poesía nas escolas. Tamén, a UNESCO considera que a poesía é unha das formas máis puras de expresión da nosa humanidade común e un poderoso catalizador para o entendemento entre culturas.
E, agora, unha fermosa curta sobre a primavera!
SPRING
martes, 17 de marzo de 2026
domingo, 15 de marzo de 2026
xoves, 12 de marzo de 2026
8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
E para rematar a semana, escoitemos a voz de, La Boliviana, moi acaída para esta data e para todos os días!
martes, 10 de marzo de 2026
CON TODOS VÓS, LILÍ GRUYÉRE!
Esta semana, tivemos a honra, na nosa biblioteca, de contar cunha conta contos moi especial, Lilí Gruyère.
Ela forma parte do grupo de Teatro Trinke trinke, e tamén é a nosa compañeira Vanessa. Aquí vos deixamos unha reportaxe para que gocedes do máxico momento.
Moitas grazas, Lilí Gruyère!
8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hai mulleres que loitaron para ir acadando a igualdade, imos coñecer algunhas delas:
Que nada nos defina. Que nada nos sujete. Que la libertad nuestra propia sustancia.
Simone de Beauvoir.
Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.
Rosalía de Castro.
No seré una mujer libre, mientras siga habiendo mujeres sometidas.
Audre Lorde.
Cree en ti misma y serás imparable.
Emily Dickinson.
La libertad se aprende ejerciéndola.
Clara Campoamor.
Pero vós podedes buscar máis e tamén podedes escribir algunhas, porque...
venres, 6 de marzo de 2026
xoves, 5 de marzo de 2026
LULI, ACHÉGANOS ARXENTINA.
O pasado martes, tivemos a sorte de contar cunha mai de tres alumnas e alumnos do noso colexio, procedentes de Arxentina, que nos falou das marabillas deste país: da súa comida, bailes, música, entroido, mais tamén da súa historia.
Non hai nada mellor que escoitar a quen coñece ben un país, e nós, moi agradecidas pola complicidade e a participación neste o noso proxecto, Andando a terra, e da nosa comunidade educatica. Seguimos!
mércores, 4 de marzo de 2026
CON TODOS VOSTEDES, O GRUPO "MÚSICA MIUDA"
Este venres, tivemos o pracer de gozar da música e dos contos con Irene e Oscar, que forman o grupo, Música miuda. Alegraron a mañá coas súas cancións, trouxeron a Carapuchiña Vermella, tamén pasou o lobo e até, entre todas, fixemos unha cesta na que fomos metendo unha morea de alimentos.
O pasamos xenial! Moitas grazas, Música miuda!!!
domingo, 1 de marzo de 2026
xoves, 26 de febreiro de 2026
O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.
Por se nalgún momento viaxades a Bolivia ou Perú, imos coñecer o lago máis grande do mundo, o Lago Titicaca, que está entre estes dous países.
martes, 24 de febreiro de 2026
DENTRO DO NOSO PROXECTO, ANDANDO A TERRA. CAPOEIRA NA BIBLIOTECA DA MAN DA NOSA ALUMNA DE 5ºB, NATALIA
domingo, 22 de febreiro de 2026
CURTAS ANIMADAS
xoves, 12 de febreiro de 2026
O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.
Comezamos a coñecer outro fascinante páis, Bolivia. Aquí vos deixamos un vídeo moi interesante para empezar a coñecer a súa cultura, ademais do que poidades preguntarlle aos compañeiros e compañeiras deste país.
martes, 10 de febreiro de 2026
O RECUNCHO DA NOSA COMPAÑEIRA E MESTRA ÁNGELES ROCA.
domingo, 8 de febreiro de 2026
CURTA ANIMADA
Seguro que esta curta animada provocará en vós un reflexión.
Cal destes temas pensades que trata máis en profundidade a curta.
- amizade
- cobiza
- cambio climático
xoves, 5 de febreiro de 2026
DON'T WORRY BE HAPPY.
Esta semana, queremos despedila con esta mensaxe da plataforma Playing for Change, formada por músicos e cantantes do mundo enteiro, porque das cosas que nos unen, a música é unha delas.
Así, que xa sabedes, Don't worry be happy!!!
martes, 3 de febreiro de 2026
CURTA ANIMADA
Non hai maior poder que o da felicidade e ser persoas positivas!
E vós, que pensades despois de ver esta curta animada?
domingo, 1 de febreiro de 2026
sábado, 31 de xaneiro de 2026
DÍA DA PAZ
Moitas grazas a todas as nenas e nenos pola vosa participación coas fermosas mensaxes que enviades para o Día da Paz que, como ben dicides, ten que ser todos os días!
martes, 27 de xaneiro de 2026
domingo, 25 de xaneiro de 2026
xoves, 22 de xaneiro de 2026
O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. A SELVA PARANAENSE. ARXENTINA
Imos facer unha proba. Tedes que gardar silencio durante seis minutos e cuarenta e oito segundos, e así poderedes escoitar os sons da selva paranaense da Arxentina. Até podedes imaxinar que estades alí se vos apetece pechar os ollos.
martes, 20 de xaneiro de 2026
CAMIÑO DO DÍA DA PAZ.
Se abrides esta ligazón, poderedes xogar a un xogo de rol sobre como debemos comportamos para solucionar conflictos.
Xogamos?
https://view.genially.com/6574c15ddd7b0400141b826c/interactive-content-23-juego-de-rol
domingo, 18 de xaneiro de 2026
CURTAS ANIMADAS
Sabedes que é un vendedor de fume? Que quere dicir esta expresión cando a utilizamos para describir a unha persoa?
xoves, 15 de xaneiro de 2026
O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA: ANDANDO A TERRA. ARXENTINA
Hoxe imos coñecer a comida típica de Arxentina, así se nalgún momento viaxamos a este fermoso país, saberemos que platos son os máis tradicionais.
martes, 13 de xaneiro de 2026
11 DE XANEIRO. DÍA DO USUARIO E DAS BIBLIOTECAS.
Xa que estamos coñecendo Arxentina e este domingo 11 é o Día do usuario e das bibliotecas, que mellor que unha frase de Mafalda, personaxe creada polo humorista gráfico e historietista arxentino, Quino.
Que opinades do pensamento de Mafalda?



