martes, 6 de outubro de 2026

O PROXECTO DESTE CURSO É: A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Este curso imos coñecer como empezamos a comunicarnos os seres humanos, porque ao mellor pensades que a linguaxe existe desde as primeiras persoas que habitaron o planeta terra, pero non foi así, mais semana a semana, neste blog e nas aulas, aprenderemos como foi a creación da linguaxe tan importante e tan fermosa.

Mais tamén coñeceremos os inventos e as persoas que os inventaron e, que con ese acto de imaxinación, conseguiron que fósemos evolucionando como especie. 

Como vedes, o proxecto promete e estamos seguras de que será moi interesante e sorprendente todo o que aprendamos ao longo deste curso. 

Pero queremos empezar cunha chiscadela! Ollade esta imaxe. Hai comunicación ou non? E, se hai comunicación, de que tipo?




Ningún comentario:

Publicar un comentario