NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 10 de novembro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 Imos coñecer a historia do primeiro alfabeto. Ese foi, entre outros, o legado oculto e tan impostante que nos deixaron os fenicios. Este alfabeto foi importante porque revolucionou a escritura ao reducir os complexos sistemas de escrita anteriores, até un sistema fonético de 22 consonantes. Isto, facilitou o comercio marítimo e serviu como base para todos os alfabetos de occidente e oriente (como o grego, o latín, árabe e hebreo).

Ao contar só con 22 signos que representaban sons individuais, no canto de centos de idiogramas o xeroglíficos, permitiu que todas as persoas aprendesen a ler e a escribir.

Os gregos adoptaron este sistema e lle engadiron as vocais, creando o seu propio alfabeto, chegando así ao alfabeto latino que coñecemos actualmente.

É moi interesante coñecer como as ideas unidas a imaxinación, crean algo tan fascinante como o alfabeto e, grazas a el, podemos comunicarnos e ler marabillosas historias.




domingo, 8 de novembro de 2026

CURTAS ANIMADAS

 Esta curta animada é unha emotiva homenaxe á herdanza, ao amor familiar e a todas as persoas que deixan unha pegada inesquecible a través do que fan coas súas mans e ás ensinanzas que se transmiten dunha xeración a outra.


HOME OF MY MEMORIES




martes, 3 de novembro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.


O gran invento da humanidade foi a linguaxe, con ela podemos non só expresar emocións, sentires, tamén algo fundamental para desenvolvernos como persoas, crear sociedade e transmitir de xeración en xeración o que imos aprendendo para evolucionar. A linguaxe permitiu os grandes avances da humanidade e que as persoas podamos ter pensamento crítico.

Neste vídeo, ides coñecer a orixe do alfabeto, fundamental para crear palabras, frases, textos e os que se conservan, permítennos coñecer mellor a historia do mundo. 

 Saberías definir o que é a escritura "cuneiforme" despois de ver este vídeo?





 

martes, 27 de outubro de 2026

A ORIXE DO SAMAÍN.

 Queredes coñecer a orixe e as lendas do Samaín, pois non tedes máis que escoitar este vídeo!




sábado, 24 de outubro de 2026

CURTAS ANIMADAS

Xa que estamos no Samaín, imos ver a curta animada Theodor, porque hai vampiros que son moi despistasdos!




martes, 20 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

 Neste vídeo, Francesc Gascó, que é paleontólogo, científico e divulgador, cóntanos a orixe da linguaxe e a capacidade da fala dos nosos ancestros. E, grazas aos inventos e polo tanto avances actuais en tecnoloxía, podemos saber se eses ancestros escoitaban igual que nós.




domingo, 18 de outubro de 2026

CURTAS ANIMADAS

 Xa estamos no mes da chegada do Samaín, aquí vos deixamos esta curta animada titulada, Compasúchil!




martes, 13 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Queredes empezar a coñecer algúns dos inventos máis importantes da historia? Pois aquí vos deixamos un vídeo para que os vaides coñecendo.

Ah! E neste enlace do noso Instagram, podedes atopar os libros que van chegando sobre o proxecto: A maxia dos inventos e os medio de comunicación.

https://www.instagram.com/reel/Dd4Cg_Hu2Yo/?utm_source=ig_web_copy_link&stkn=MzRlODBiNWFlZA==




xoves, 8 de outubro de 2026

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Como todos os cursos, continuamos cunha das actividades que máis nos gusta, recomendar libros. Así que xa sabedes, a partir da vindeira semana, só tedes que vir á biblioteca e gravamos a vosa recomendación do libro que  estades a ler neste momento o de algún que líchedes este verán.

É, como recordatorio, vos deixamos o vídeo de despedida dalgún dos compañeiros e compañeiras que formaron parte da Comunidade de Booktubers.

Vémonos!!!




martes, 6 de outubro de 2026

O PROXECTO DESTE CURSO É: A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Este curso imos coñecer como empezamos a comunicarnos os seres humanos, porque ao mellor pensades que a linguaxe existe desde as primeiras persoas que habitaron o planeta terra, pero non foi así, mais semana a semana, neste blog e nas aulas, aprenderemos como foi a creación da linguaxe tan importante e tan fermosa.

Mais tamén coñeceremos os inventos e as persoas que os inventaron e, que con ese acto de imaxinación, conseguiron que fósemos evolucionando como especie. 

Como vedes, o proxecto promete e estamos seguras de que será moi interesante e sorprendente todo o que aprendamos ao longo deste curso. 

Pero queremos empezar cunha chiscadela! Ollade esta imaxe. Hai comunicación ou non? E, se hai comunicación, de que tipo?




domingo, 4 de outubro de 2026

Benvidas e benvidos!!!

Aquí estamos, un curso máis, neste lugar de encontro no que podemos falar de libros, cine, do noso proxecto, das diversas culturas que nos conforman, e no que podedes participar propoñendo entradas sobre temas do voso interese.

E, como todos os anos, queremos empezar o curso con amor e empatía, por iso vos deixamos esta curta de animación: Invention of Love!




xoves, 4 de xuño de 2026

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS. LUCAS

Aínda que fixemos un vídeo con varios dos e das booktubers que formaron parte desta comunidade, temos unha nova incorporación e non podiamos deixar de publicala.

O noso compañeiro Lucas, de 5ºB, recomenda...



domingo, 31 de maio de 2026

DESPEDIDA, POR ESTE CURSO, DA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS.

Durante este curso, moitos compañeiros e compañeiras, formaron parte da Comunidade de Booktubers, un espazo no que compartiron os libros que leron e gozaron con todos e todas vós.

Moitas grazas a esta gran comunidade lectora!!!




xoves, 28 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026



Xa sabedes que temos radio no noso colexio, este é o fermoso logo e nome, que é obra de Ivo e Sofía da aula de 5ºC.

E a estreamos ao grande, con dous podcast das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño e nos que recibimos no colexio a Radio Nacional de España, da man da xornalista Rosalía Martínez Olmos.

Para escoitalos, só tedes que entrar neste enlace da web do noso colexio e atoparedes os enlaces para escoitar os dous podcast, premendo neste enlace:  O Raquel nas ondas

Neste programa participaron os vosos compañeiros e compañeiras: Marco, Xulia, Olivia, Khadija e Noa. Moitos parabéns!!!

E tamén podedes escoitalo no Portal da Lingua, premendo neste enlace: Portal da lingua



sábado, 23 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS

 Desde este blog, que semana a semana, acompañounos, desexamos que o voso verán sexa coma o final desta curta animada, divertido e con fermosas postas de sol.