As nosas compañeiras e compañeiros de 6º, queren deixar claro que, NON É NON. Con este vídeo queremos lembrar que cando unha muller di que non, é que non.
Escolleuse esta data do 25 N, cando no ano 1981 en Bogotá, Colombia, celebrouse o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e Caribe, alí elixen a data do 25 N como data oficial para reivindicar os asasinatos das tres irmás Mirabel en 1960 na República Dominicana.
As irmás Mirabel foron unhas recoñecidas activistas que, aínda que naceran en familias de clase media e con posibilidade de acceder a unha boa preparación académica, non se conformaron cos privilexios individuais e elixiron loitar contra a violencia de xénero que estaban a vivir todas as mulleres no seu país.
O destino das tres mulleres foi tráxico, xa que foron asasinadas, aínda que o réxime político do seu país, que era unha dictadura, dixo que fora un accidente.
Pero non foron as únicas, por iso, todas as mulleres e homes, debemos unirnos contra a violencia de xénero, non só o 25N, todos os días.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que realizaron este vídeo, que é a voz de todas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario