xoves, 11 de febreiro de 2021

RAKONTO VERDE



Este xoves foi o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. E, probablemente, pensedes que non houbo ou non hai moitas mulleres, que xa sendo nenas, sabían que querían dedicar a súa vida profesional en calquera dos campos das ciencias. Isto, débese, entre outras razóns, porque nos libros de texto non aparecen. Por todas é sabido que as mulleres foron invisibilizadas cando realizaban traballos nos que só se acreditaba a capacidade dos homes. 

Pero isto non é certo e se premedes na palabra ENLACE, veredes que foron moitas e seguen a ser moitas as que un día soñaron con ser físicas, matemáticas, filósofas, astrónomas, químicas, biólogas mariñas, médicas, alquimistas...

Xa no ano 1098, Hildegad von Bingen, cheou a ser un cosmóloga, filósofa natural e autora de textos médicos moi importantes. Traballou na descripción de plantas, animais e minerais coa finalidade de que fosen de utilidade para o benestar das persoas. Ou moito antes no século VI a. c, Theano, natural de Grecia, escribía tratados matemáticos, tamén de física e medicina. E ata podemos remontarnos a c, 370 con Hipatia de Alexandría, matemática e filósofa. E, en Galiza, temos entre outras á oceanógrafa e bióloga mariña Ángeles Alvariño.

Este anos 

Seguro que queredes coñecer máis, pois ide premendo nos enlaces que tedes...

As ilustracións son de Eulogía Merle. As fixo para uns marca libros, que xunto cos textos son do MUNCYT.





Si tedes un soño, ide a por el! Elas abriron as xanelas ao coñecemento, mantedeas vós.




Preme nas palabras ENLACE e logo na icona de cada imaxe en forma de libro aberto.

ENLACE

ENLACE

ENLACE


0 comentarios:

Publicar un comentario