xoves, 3 de xuño de 2021

DESPEDIDA DE RAKONTO VERDE ATA SETEMBRO.

Grazas a todas as vosas mans remexendo na terra. Mans en equipo que colaboráchedes para facer do noso colexio un lugar máis fermoso. Espazos  que serán acubillo para bichería feliz de atoparse con leitugas, berzas, frores, romero, tomates, amorodos... É fermoso chegar pola mañá e atoparse cun xardín, primeiro imaxinado, agora real, do que cada día aprendemos a observar como, cos vosos coidados, todo medra e florece. 


Moitas grazas por sementar futuro, ilusión e palabras fermosas que dan nome as cores!




mércores, 2 de xuño de 2021

VAMPIRA DE BIBLIOTECA SEGUNDO O ALUMNADO DE 5º B

 O alumnado de 5ºB fixo este marabilloso vídeo sobre o libro de Ledicia Costas, Vampira de biblioteca.

Velaí o tedes....

Moitas grazas por este fermoso traballo!




GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA



O mércores 26 de maio, estivo con nós, nas aulas de 3º e 4º a autora Elí Rios. Con ela e co seu fermoso libro Marta e a píntega, rematamos o noso proxecto da biblioteca por este curso, e non podiamos facelo mellor.

Agradecer a Elí Rios a súa complicidade, as risas, as historias e ese contaxiar que ten ela do amor pola literatura.

Velaí o vídeo do seu encontro, non que atoparedes unha sorpresa, porque ela é unha muller de palabra.

Moitas grazas a todas!





AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS

Rematamos por este curso coas cancións favoritas de Xela Arias, á volta seguimos. Pensamos que unha boa despedida para este curso é "Galicia Canibal" do grupo galego, Os Resentidos.




RECOPILACIÓN DA NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS DURANTE ESTE CURSO.

 Moitas grazas pola vosa complicidade, as lecturas e as recomendacións. 

O vindeiro curso, máis!
























domingo, 30 de maio de 2021

CONTOS ANIMADOS

Xa está a piques de chegar o verán, e con el as ansiadas vacacións e as tardes de praia. Pois, xa sabedes, non esquezades o protector solar e os mosquitos... pois tamén teñen dereito á vida.




xoves, 27 de maio de 2021

RAKONTO VERDE

A curtametraxe que ides ver, dirixida por Pascal Schellbi, The Beauty, é unha viaxe poética a través dos océanos, que podemos observalos na súa inmensa fermosura, mais tamén sucios, cheos de plásticos.

A escolla é doada, deixar que a fermosura e a vida gañe aos plásticos. Por iso, debemos ser coidadosas e non deixar que os océanos sufran o noso deslexo.




mércores, 26 de maio de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

Xa estamos no derradeiro tramo do noso proxecto con Marta e a píntega, de Elí Rios. Este vindeiro mércores, as aulas de 3º e 4º, terán a sorte de contar coa súa presenza e poder falar con ela deste marabilloso libro.

Aquí vos deixamos o vídeo que gravou Elí Rios para vós cando estabamos no confinamento e ao que sempre lle quedaremos moi agradecidas!

Vémonos o mércores...





martes, 25 de maio de 2021

AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS

Seguimos a coñecer os gustos musicais de Xela Arias. Hoxe, a canción, Malos tiempos para la lírica, do grupo Golpes Bajos.

Este grupo xurdíu no ano 1982 en Vigo. O seu vocalista Germán Coppini, formou o grupo con Teo Cardalda, un antigo compañeiro de instituto que tiña gustos musicais moi novedosos para a época, e que tiña un local que o propio Coppini definiu como "chamizo" polo que pasaban todos os músicos de prestixio en Galicia.

O pai de Cardalda, pola súa conta e risco, decidiu enviar a maqueta que gravaran o seu fillo e Coppini. Foi todo un éxito e ficháronos na discográfica Nuevos Medios, que era moi importante naquel momento.


MALOS TIEMPOS PARA LA LÍRICA. GOLPES BAJOS,