domingo, 18 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO

 Empezamos a semana do libro cunha curtametraxe que xa é un clásico no noso blog, pero gústanos moito a todas e a todos, así que un ano máis...


OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS LESSMORE


Se queredes gozar coa lectura desta historia, só tedes que pedir o libro na biblioteca!

xoves, 15 de abril de 2021

RAKONTO VERDE

Este venres no Rakonto Verde queremos falarvos dun animal que é fundamental para a nosa existencia como seres humanos, a abella. E, para que a coñezades mellor, aquí tedes este vídeo que esperamos escoitedes con moita atención.




mércores, 14 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO NA NOSO RAKONTO.

Hoxe queremos deixarvos imaxes con textos sobre libros, para que reflexionedes sobre a importancia da lectura na nosa vida e na de toda a sociedade. 

Neste vídeo veredes que a través dos libros tedes moitos mundos de cores, de escoita, de viaxes... e, que si, coa lectura podemos mudar e abrir as nosas ideas!




Sen dúbida, esta tamén é unha mostra de cariño!



Protexéndonos da ignorancia, protexemos a nosa liberdade e a das persoas que nos rodean!




Pois iso!



Podedes abrilo unha e outra vez, nunca se cansan! 


Os libros, como as flores, tamén teñen o seu olor particular. Non deixedes de gozar do pracer de ulir un libro!


Sen dúbida, o noso cerebro precisa novas aplicacións, unha das que máis o alimenta é a lectura.


Sexamos esquíos!


Como vos sentides ao estar sumerxidas na lectura? Asi, por exemplo!



Usémolos! A eles gústalle a pegada que imos deixando nas súas páxinas!


E así viaxamos co vento a noso favor!


E, xa para rematar, que saibas que...




















XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS.

Sabedes que hai moitos grupos musicais que cantan os poemas de Xela Arias!

Velaí a Banda da Loba! Coñecedes a este grupo?


 Do seu poemario Intempériome. Hasme oír.








martes, 13 de abril de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos unhas actividades que propoñen as compañeiras e compañeiros de 5ºA para o noso proxecto. A ver canto sabedes?


Para as compañeiras e compañeiros de 1º,2º, 3º e 4º.





Para as compañeiras e compañeiros de 5º e 6º.





domingo, 11 de abril de 2021

CONTOS ANIMADOS

Seguir ao noso corazón é moi importante, e como sabedes os animais tamén teñen, coma nós, sentimentos. nesta curtametraxe animada hai un tipo de cans moi especiais!


FOLLOW YOUR HEART!



xoves, 25 de marzo de 2021

RAKONTO VERDE

Esta semana o Rakonto está a festexar a primavera, unha estación que é quen de contaxiarnos a súa forza. Por todas partes agroman cores e olores, e tamén a nosas emocións únense a esa festa. Por iso queremos pechar esta nosa particular celebración con este fermoso vídeo.

Felices e primaverais vacacións a todas e todos!



mércores, 24 de marzo de 2021

XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS

Aquí vos deixamos outro fermoso poema do libro Dario a diario, da poeta Xela Arias. Á que como xa sabedes se lle dedican este ano as Letras Galegas 2021.

Que pensades que quere dicir a poeta Xela Arias neste poema?



                                                      Nada que ver coa posesión.

                                                      Non te posúo non quero.

                                                     Cóidote, ámote e manteño a esperanza

                                                     de aprender a te posuíres.

martes, 23 de marzo de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Hoxe as compañeiras e compañeiros da aula de 5ºA, deixanvos unha tarefas moi chulas sobre o libro que estades todas e todos a ler Vampira de biblioteca, da autora Ledicia Costas.

Moitas grazas por ese magnífico traballo que estades a facer entre todas e todos!!!




Para as compañeiras e compañeiros de 3º e 4º.






Para as compañeiras e compañeiros de 5º e 6º